O fume arrecende menos a pelo de porco

P.V. / M.A. LALÍN

SILLEDA

M.A.

A tradición da matanza caseira sigue viva pero cada vez máis reducida O aire ven do norde en Silleda. Xiou de noite e a lúa nova xa hai días que pasou. Todo está a punto e na mañanciña confúndense no ceo os fumes das amurradas de rastroxos cos das queimas do porcos nas eiras e salidos de toda a comarca. Ocurre dende o San Martiño e seguirá hasta febreiro. Dous lamentos de porco oíronse na saída de Silleda cara O Castro, ese día que o tempo e os animales estaban a punto. Atrás quedaron os meses da ceba, máis cargada de millo según chegaba o día. Comeu, berrou e morreu en tempos en que só sobra o sufrimento para poder mante-lo ritual histórico sen contestación de sociedades avanzadas. O demáis é cultura.

14 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

A matanza caseira do porco é un ritual para quen vive del. Para quen se aproxima por primeira vez é un conxunto de instantáneas illadas de coitelo, cebola, sangre, quietude, berro, chamusco, vísceras, homes, mulleres, nenos, parroquia e arrecendor a pelo de porco queimado. É tamén a mirada natural do cotidián e a visión con un nudo na gorxa para o primeirizo que nunca veu matanza nin pisou un matadoiro industrial. Doe o coitelo e o arrecendo a queimado amosando un grau de contradición o asentarnos nun país onde o cocido e o xamón son pratos nacionais e serano máis cando todo sexa comercializado envolto en celofán. Cando ninguén recorde que houbo tempos en que sin carreteras, sin electricidade, sin conxeladores e sin distribución cárnica a domicilio tamén se comía, e podíase comer porque existía o sal, a artesa, a neve e o fume e porque, sobretodo, había porco e morría. No fume da matanza recollida pola cámara en Silleda escóndese toda esa historia, esa tradición e esa cultura. Germán, Moncho e Ricardo personalizaron esa tradición. Tamén Maruja facendo o xantar. Non tembla a man A man do matachín non temblou. Todas as mans foron firmes ó coutalo, sacrificalo, queimalo, abrilo, erguelo no gancho, despiezalo... dende a firmeza da costume, dende a conciencia de comer con patente de «feito na casa», dende a sabiduría de que todos pasamos pola vida con funcións específicas e lonxe de avalancha de normativas europeas que acabarán levándose o inxusto sofremento dos animales pero que tamén arrastrarán ó olvido a historia, sin aportar alternativas adecuadas para mante-las tradicións. O fume da mata de Silleda xuntouse no ceo con outros fumes que no tempo da mata surxen nos miles de vilas e aldeas de Galicia, ainda que cada vez son menos. Acábase a matanza caseira do porco ainda que o porco sigue engordando para morrer. Ainda que o porco sigue morrendo. O fume cada vez máis arrecende menos a pelo de porco.