Cati Somoza:«Queremos por a disposición as parcelas do polígono»

Rocío Perez Ramos
RocÍo Ramos LALÍN / LA VOZ

RODEIRO

BERNABE

Os populares concorren cunha lista renovada ca que agardar revalidar a maioría absoluta «cun proxecto pensado para os veciños»

23 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Concepción (Cati) Somoza Calviño (Santa Mariña de Pescoso, 52 años) entrou en política no 2007 co PP na oposición, e dende o 2011 ao 2020, que se retirou por razóns laborais, foi edila e tenente de alcalde. É responsable dunha entidade financeira.

—Como valora a situación política?

—Creo que hai unha situación de estabilidade, aínda que sempre moi axustada, cun PP forte, cun proxecto claro e pensado exclusivamente para os veciños. As demais forzas centránse básica e exclusivamente en que nós non gobernemos.

—Cal é obxectivo do PP para o 28M?

—A maioría absoluta. Nós temos o mellor equipo e o mellor proxecto para gobernar e para elo precisamos obter a maioría absoluta e estou convencida, polo que din os veciños de Rodeiro, que así vai ser.

—Que destacaría da lista?

—A lista ten moitas incorporacións e está formada por xente de moita valía, recoñecemento social, capacidade de traballo e querida por todo o mundo en Rodeiro.

—Como ve a campaña? Está sendo un todos contra o PP?

—Si, é triste pero así. Pero é algo que non só é na campaña, é algo que pasa sempre, eu máis que propostas escoito críticas ao noso. Esta claro que somos a referencia e que os demais partidos só teñen un programa consistente en derrubar ao PP, non sabemos que queren facer por Rodeiro.

—Credes que pactarían chegado o caso para formar goberno?

—Iso seguro. É algo que deberían aclararlle aos veciños. O PP vai ser a forza máis votada, iso seguro, pero se nós falta un só voto para a maioría absoluta, Rodeiro sufrirá un bipartito, o que non sabemos é en que condicións, con que pactos, soldos, postos... e a verdade paréceme un pouco triste.

—Que ofrecen aos veciños?

—Sobre todo cercanía coa xente e trato directo.

—Que metas se marcan para os seguintes catro anos e cales son os puntos destacados no programa do PP?

—Que Rodeiro se manteña como concello do interior de Galicia con maior renda per cápita, que sigamos aumentando os servizos no casco e melloremos a situación do rural en pistas, alumeado, recollida de lixo, augas, conexión a internet, telefonía e televisión e acondicionamento dos espazos públicos. Do programa destacamos os servizos sociais. Imos volcarnos cos maiores, as familias e os cativos; a economía, a empresa, o comercio, a hostalería para xerar riqueza, o sector agrogandeiro, a xuventude e o deporte. Queremos por a disposición no mercado as parcelas municipais do polígono.