Alberte Lamazares: «Modificaremos o PXOM para que se poidan facer vivendas»

Rocío Perez Ramos
R. Ramos LALÍN / LA VOZ

RODEIRO

Cedida

É o candidato máis novo pero con 12 anos de experiencia como concelleiro e aspira a liderar un novo goberno de cambio

23 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Alberte Lamazares Casero (A Veiga, Río, 34 años) é gandeiro e estudou un ciclo de capacitación agraria. Leva en política dende os 18 años e 12 como edil; 8 no BNG e 4 integrado en Unidade por Rodeiro

—Como valora a situación política?

—Vemos as gañas dos veciñ@s en que se produza un cambio despois do desastre de catro anos de desgoberno do PP. nas casas observamos o cansazo dos veciños coa situación do Concello e a esperanza de que UxR lle de a volta.

—Cal é o obxectivo de UxR para o 28M?

—Materializar o apoio que nos están a trasladar os veciñ@os e liderar o próximo goberno municipal, e executar as políticas que Rodeiro demanda e necesita. O obxectivo e traer a Rodeiro un tempo novo, liderar un proxecto de transformación que cumpra coas necesidades do conxunto da veciñanza.

—Que destacaría da lista?

—Temos un gran equipo somos persoas de Rodeiro, que viven, formen e traballan en Rodeiro, estamos en contacto permanente cos veciños e os seus problemas, participamos en todas as actividades, asociacións e deportes. Destacaría o gran compromiso que temos co noso pobo.

—Cal é o obxectivo para o 28 de maio?

—Aspiramos a repetir o resultado acabado fai catro anos e liderar o próximo goberno.

—Pactarían con algún grupo para formar parte do goberno?

—O noso obxectivo irrenunciable é liderar un goberno que lle de a Rodeiro o cambio que se merece e necesita. As experiencias dos últimos 16 anos non foron positivas para Rodeiro, e estamos dispostos a que outras formacións se sumen ao noso proxecto sempre e cando o debate pase por proxectos e non por sillóns.

—Que valoración fai destes catro anos?

—A mellor valoración a fixo Luis López que varreu dos primeiros postos a toda a anterior corporación. Foi un desastre en todos os ámbitos. Mentres tanto dende UxR traballouse arreo para levar propostas que mellorasen a vida dos veciños, todas eles rexeitadas polo PP.

—Puntos destacados do programa?

—Modificar o PXOM para que se poidan facer vivenda en Rodeiro, un polígono industrial público, unha residencia e un centro de día, mellores pistas, traídas de auga, conexión a Internet.... En materia social melloraremos as condicións dos dependentes e as traballadoras do SAF, promoveremos vivenda privada e pública, faremos unha área recreativa no parque do lago, aparcamentos públicos, un campo da feira mentres non se constrúa a igrexa, apoiaremos os pais en materia educativa...