Rodeiro levará a cabo un obradoiro creativo e literario o venres

La Voz

RODEIRO

15 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural para o vindeiro 16 de xullo ás 20.00 na praza do Parque. Haberá xogos de contos, obradoiros creativos e máis actividades literarias. Esta iniciativa forma parte do Programa Ler conta moito 2021, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta.