Agolada celebra as Letras Galegas con música e libros, e Rodeiro cun obradoiro

La Voz LALÍN / LA VOZ

RODEIRO

10 may 2021 . Actualizado a las 20:32 h.

Os concellos de Agolada e Rodeiro conmemoran as Letras Galegas. Agolada farao o día 14 cun obradoiro infantil que terá lugar no Pendello Comedor, las 16.30 e que leva por título Chapas Xela Arias, dirixido a nenos de entre cinco e doce anos. O aforo será limitado a 20 prazas. Os interesados en asistir poderán anotarse chamando 637 092 846 ata o 13 ás 17.00 horas. Será impartido pola animadora sociocultural do Concello, Inma Galego. O día 17, Bico da Balouta percorrerá as rúas de 12.30 a 14.30 horas.

En Rodeiro, Velaísca, Antía Vázquez Figueiras, realizará o día 14, ás 18.30 horas na Praza do Parque, se o tempo o permite, o obradoiro creativo Estas cartas teñen moito conto. Xogando con Xela Arias. A actividade está destinada a todos os públicos con xogos que teñen como nexo os contos. En caso de choiva trasladaríase ao centro cultural.