Máisquedanza lánzase ás competicións

A asociación estrea curso con máis de 300 alumnos, 3 grupos centrados en competir e dúas novas profesoras


A Asociación Máisquedanza, constituida no ano 2011 en Lalín, iniciou onte o curso 2019/2020 con xuntanzas de alumnos en Lalín; no pavillón de deportes e no colexio Manuel Rivero, e nas dependencias do Centro Cultural Manuel Lamazares de Rodeiro, para facer posteriormente o mesmo pero no vindeiro mes de outubro en Prado, Silleda e Arzúa. Un novo curso que trae un bo puñado de novidades no seo da escola de baile; o primeiro o reforzo de profesoras que se encargarán dos máis de 300 alumnos inscritos. Así ao xa coñecido traballo de Marta Maceira e Yolanda Ogando nas tarefas de ensino súmase agora Rosa Núñez e María Cajide, cuxas ensinanzas serán supervisadas por Marta Maceira.

Por outra banda Máisquedanza ábrese á profesionalización dos seus bailaríns coa posta en funcionamento neste curso de tres grupos de competición, cun maior nivel de esixencia. Trátase dun grupo na categoría junior de 10 a 16 anos; absoluta, de 10 a 28 anos, e major con bailaríns de 15 a 28. A asociación continuará tamén coa impartición de clases de baile para adultos, con presenza de grupos en Lalín, Prado, Silleda e Rodeiro, barallándose a posibilidade de que se sume tamén un grupo en Arzúa en vindeiras datas. Un curso que se caracteriza tamén pola entrada de novos alumnos nos distintos grupos, pero con especial incidencia de varios nenos de 4 e 5 anos que apostan por este tipo de actividade deportiva.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Máisquedanza lánzase ás competicións