O Musigal traerá á zona concertos de Roi Casal, Leilía, Odaiko ou Seivane

l. p. / r. g. PONTEVEDRA / LA VOZ

RODEIRO

26 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Musigal -o programa da Deputación para potenciar a música en galego- traerá este ano a sete dos concellos das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes unha decena de concertos. Na Estrada actuarán Leilía o 17 de novembro e Roi Casal -na súa xira de décimo aniversario- o 1 de decembro. Pola súa banda, Lalín acollerá o día 28 deste mes un concerto de Os D´Abaixo. En Silleda estará Treixadura o 17 de agosto e en Rodeiro Susana Seivane o 3 de agosto. O grupo Odaiko actuará o 15 de xullo en Vila de Cruces. Estará además en Agolada: o 31 de xullo e de novo o 11 de agosto co espectáculo Circopeta. Por último, en Forcarei actuará A Roda o 24 de agosto e en Cerdedo-Cotobade farao Treixadura o 22 de xullo.

A programacióin do Musigal presentouse onte en Pontevedra co polifacético artista Xurxo Souto como mestre de cerimonias. Finalmente, serán 29 grupos e artistas os que ofrecerán cerca de setenta concertos na práctica totalidade dos concellos daprovincia.

Á hora de presentar o Musigal, optouse por representar un programa de radio onde Xurxo Souto foi dando paso a unha serie de actuacións en directo. Entre outras, estaban programada a presenza de Susana Seivane, De Vacas, Peter Punk ou Roi Casal. Precisamente, este último foi o músico máis solicitado polos concellos e o que, polo tanto, realizará máis concertos, concretamente once. Pola súa parte, Treixadura ten oito datas confirmadas; Milladoiro, media ducia; e Óscar Ibáñez & Tribo, catro.

No caso de Sés, Odaiko e Verbena Galega son tres os escenarios aos que se subirán, mentres que Heredeiros da Crus, Susana Seivane, Xulio Lorenzo, A Roda, Dakidarría, De Vacas, e a Orquesta de Cámara Galega ofrecerán dous concertos. A nómina de artistas cunha única actuación se completa con Uxía, Punkinfantil, Píscore, Os D’Abaixo, Festicultores Troupe, Budiño, Anxo Lorenzo Band, Andrea Pousa, A Gramola Gominola, A Banda da Loba, Guadi Galego, Keltia O Musical e Migallas.

Estas citas musicais repartiranse ao longo do ano nos concellos con menos de cincuenta mil habitantes.

«O éxito do Musigal responde á demanda de música en galego que víñamos detectando en toda a provincia», remarcou onte o deputado de Cultura Xosé Leal na presentación.