Xirandola estrea Foliada que pretende manter no tempo

amelia ferreiroa

RODEIRO

Miguel Souto

La familia del artista silledense cedió 21 óleos y 145 dibujos al Concello vigués para su exhibición al público

05 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 21.00 horas • Auditorio da Bandeira • A idea de levar a cabo unha foliada xa estaba na folla de ruta do grupo Xirandola o pasado ano pero non foi posible, por mor da apretada axenda, cadrar datas. Agora a agrupación puido facelo e convida a todos a esta primeira edición que pretende manterse no tempo. Para comezar catro formacións: Vide Preto, Os Varacuncas de Rodeiro, Os Charabiscas de Vila de Cruces e a agrupación anfitriona, Xirandola, que a partires das 21 horas prometen música, baile e moita troula.

Para Javier Blanco, membro do grupo, as foliadas son os encontros «nos que máis gusto se lle colle á música e ao baile. É onde se toma máis contacto con todos os compañeiros e disfrutas máis da festa». Unha foliada aberta á participación de todos aqueles que queiran participar, «na que se rompe a dinámica de grupo e se dá paso á xente que está alí e que constitúe o grupo que falta no cartel». A Foliada de Xirandola marca o comezo dunha serie de citas que a agrupación lle ofrecerá ao público como serán os festivais infantil e de Xirandola que se celebrarán en próximas datas.