A torre medieval máis sobranceira, na ruína

daniel gonzález alén LALÍN

RODEIRO

Daniel González Alén

A Tulla de Outeiro, en Rodeiro, sofre o abandono secular sen que as distintas Administracións decidan recuperala

10 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Torre de Outeiro na parroquia de Fafián (Rodeiro), a máis sobranceira fortaleza medieval de

de cantas se conservan na comarca de Deza, continua instalada na ruína sen que as distintas

Administracións se poñan de acordo para a súa recuperación. A Tulla de Outeiro sofre o abandono secular logo de que os frades do Mosteiro de Oseira deixaran de usala para recoller os abundantes foros que percibían en gran das terras de Camba de nde lle ven a súa denominación.

Para nós a torre de Fafián é o exemplar mais completo da arquitectura militar de cantos se conservan na comarca de Deza, or riba incluso do castelo de Cira nas ribeiras do Ulla de indubidable valor histórico e maior antigüidade pero sen o porte, as dimensión e boas labras da de Fafián. Na comarca non abondan os castelos, torres e fortalezas, moitas delas arrasadas cando as revoltas do Irmandiños coma as de Chapa, Escuadro , Rellas, ou Galegos.

Co barroco e o esplendor da fidalguía algunhas construcións militares convertéronse en pazos coma as de Camba, Guillar, Senra, Siador ou Merza, cando non se reutilizaron as súas canterías noutro tipo de construcións. Nos últimos tempos o crecemento desordenado das vilas levou por diante fortalezas coma as de Lalín e Rodeiro.

Visitamos esta fortaleza de Outeiro na compaña do amigo e colega Armando Vázquez Crespo con quen a mediados do oitenta estiveramos no lugar para documentar e retratar este importante ben patrimonial dezao e incluílo na primeira edición o noso libro A Comarca de Deza (1989). O estado desta torre fortaleza dende entón foi a peor e na actualidade mesmo ameaza con derrubarse polo deterioro que causan a auga polas súas paredes e as raíces de

castiñeiros e carballos na súa cimentación: «Perece mentira -di o noso colega- que despois de

trinta anos en que a demos a coñecer, non se fixera nada por rehabilitar este monumento tan

singular do Concello de Rodeiro». Pero as cousas son así e non se ve traza de que vaian cambiar. Despois de xantar en Adelán , falamos co amigo Manuel Salgado Marenteiro do lamentable estado en que se atopa a torre-fortaleza e laiase de que non saíran adiante as negociacións para que o Concello se fixera coa titularidade desta propiedade para poñela en

valor: «Cando estaba Eliseo Diéguez de alcalde -dinos- estivo a punto de mercarse a Tulla pero

a señora de Lorenzana que é a dona, debeuse volver atrás e do asunto non se volveu a falar».

Resulta difícil de entender como un ben de interese cultural de Deza e Galicia este en mans privadas que nin fan nin deixan facer, impedindo a urxente rehabilitación deste monumento que vai camiño da ruína total.

Da historia da torre e os seus propietarios e moradores xa nos ocupamos no libro referido a finais dos oitenta e dende entón téñense ampliado estudios e feito publicacións destacando as dos amigos Cesar Gómez Buxán e Francisco Rubiá Pazos y moradas hidalgas de Deza, Román Rodríguez González Inventario do Patrimonio de Rodeiro ou o libro Rodeiro unha terra con historia que coordinou Xoán Carlos Garcia Porral. Aínda que semella ater os seus orixes na Idade Media , a primeira referencia desta torre é de finais do século XVI cando aparece habitada por Rodrigo Fernández Noguerol xuíz da terra de Camba e Rodeiro, cargo para o que fora nomeado polo arcebispo compostelán Alonso de Fonseca. Era fillo de Lope Sánchez de Ulloa y Lemos, señor de la Casa Principal de los Lemos, e de Isabel González Noguerol, señora da Fortaleza de Amarante e estaba emparentado cos donos do Pazo de Camba. Co andar do tempo pasaría aos señores do Pazo de Fefiñáns de Cambados e do Conde de La Vega que tiña o seu domicilio en Madrid.

A construción componse dunha torre duns oitenta metros cadrados de base con tres plantas de planta de planta con ben labrados bloques de granito, fiestras con arcos xemelgos con parladoiros, chemineas, escaleiras e garitas para a defensa…

No lugar de Outeiro consérvanse tamén un par de casas de labregos podentes, con curiosos hórreos e un orixinal pombal empoleirado nunha rocha, que forman coa torre un fermoso conxunto e escasamente a cincocentos metros está a vila romana de Porto de Arcos sumida no total abandono onde o arboredo e o mato ocultan e mesmo estragan este xacemento que coa torre referida agardan unha posta en valor. A Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Rodeiro, xuntos ou por separado teñen a obriga de librar estes monumentos da ruína e poñelos a disposición dos cidadáns para os que na actualidade, malia

figurar nas guías e estar catalogado e sinalizado, achegarse a tulla constitúe un verdadeiro perigo e mesmo está prohibido polos seus propietarios.