Nestes momentos resúltanos moi complicado poder plasmar nunhas liñas a emoción e sentimentos que nos invaden tras a perda do noso ben querido Don José, o cal comezou a súa andaina na Asociación Para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca no ano 2006, sendo socio e formando parte da xunta directiva.
Don José caracterizábase por un carácter afable, humanitario e xeneroso; sempre velando polos intereses dos máis necesitados. Destacan entre os seus principios e valores a empatía, vocación de servizo, apoio espiritual e emocional así como a positividade a hora de afrontar problemas; os cales transmitiu tanto aos traballadores como aos usuarios deste centro no día a día.
A capela da residencia estivo moitos anos ao seu cargo, concretamente entre o 2018 e 2024. Durante este tempo exerceu como capelán levando a cabo unha gran labor pastoral a aquelas persoas que así o desexaban. Foron anos de predicación, de ensinanza, de celebracións e de oración nos que se gañou o respecto, cariño, admiración e amizade de todos e todas. Rematando todas as homilías coa mesma frase «que teñades boa semana e ser felices». Todos os que formamos parte da residencia As Dores: xunta directiva, dirección, persoal e maiores queremos expresar o noso máis sincero agradecemento pola súa total colaboración e dedicación durante todos estes anos de servizo.
Despedímolo con gran tristeza pero levaremos a súa mensaxe de amor e esperanza na nosa vida diaria. Grazas polo seu compromiso coa nosa entidade.