O segundo poemario de Golmar, finalista nos Premios Paraugas

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

18 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O segundo libro da escritora lalinense Charo Golmar, «No bico do vento» publicado por Bolanda Ediciones, e presentado recentemente en Santiago e Lalín; é unha das publicacións finalistas ao Mellor Libro dos Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing galegos -organizados polo Cluster da Comunicación e do Marketing de Galicia- na Categoría Impresión e Edición que se dará a coñecer esta noite no transcurso da gala que se celebrará na cidade das Burgas. Francesc Torres con «Crebas» de Gráficas Anduriña, e «Goya» de Tórculo Comunicación Gráfica son os outros dous finalistas desta sección centrada en dictaminar cal é a mellor publicación realizada recentemente.

Por outra parte os dous premios honoríficos, que xa fixo público o Cluster de Comunicación de Galicia, e que se entragarán nesta séptima edición dos Premios Paraugas recaen no xornalista pontevedrés Xabier Fortes; «un referente no xornalismo a nivel nacional», según o presidente do cluster; e no publicista José María Lapeña, «un dos creativos históricos de referencia no ámbito da publicidade española».

A gala, á que asistirán autoridades, finalistas e convidados tanto do sector empresarial como da comunicación levarase a cabo nas instalacións de Expourense.