Santa María e San Roque tiveron unha vintena de festas na comarca dezana

Daniel González Alén LALÍN

LALÍN

Daniel González Alén

Estivemos na de Noceda,que rexistrou notable asistencia nas dúas xornadas

17 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta longa fin de semana de mediados de agosto é sen dubida a que concentra o maior numero de celebracións festeiras na nosa comarca de Deza e tamén en Galicia. Contamos ata preto dunha vintena de festas e romarías, o redor das festividades de Santa María a Nai de Deus e o milagreiro San Roque, avogoso das pestes noutro tempo. A Santa María é a patroa en vinte e sete das 153, parroquia dos seis municipios de Deza e a imaxe e a devoción dos San Roque , está ou estiveron presentes na case totalidade das parroquias.

Temos constancia das celebradas en Bermés, Noceda, Filgueira, Cristimil e Soutolongo no municipio de Lalín; Graba, Carboeiro, Abades e O Foxo no de Silleda; Sabrexo e Oirós nas Cruces; Berredo, Val, Basadre e Vilariño no de Agolada; Río en Rodeiro, onde tamén se celebrou o Faro Pequeno, con grande concorrencia de ofrecidos. De algunhas delas xa se temos ofrecido reportaxes en anos anteriores e aínda habemos achegar algún mais neste, polo que non podendo estar en todas a un tempo, traemos hoxe aquí a que realizamos na parroquia lalinense de Santa María de Noceda, festas que estiveron moi concorridas de veciños e festeiros nas dúas xornadas, con actos relixiosos e profanos a volta da pandemia que impediu a celebración dos dous últimos anos.

Actos

Os actos relixiosos nas xornadas do luns e martes, consistiron en sonllas misas solemnes oficiadas polo cura reitor do Corpiño e párroco destas e outras parroquiais da contorna, José Criado Sánchez, as que seguiron as correspondentes procesión con dúas imaxes da Virxe María das de vestir e a do San Roque, mais antiga cas outras e precedidas todas polo estandarte parroquial e a espléndida cruz procesional, contando cos acompañamentos musicais do grupo Os Dezas de Moneixas o primeiro día e da charanga Ardores, na segunda xornada.

Nas actividades profanas destacou o concerto de Tiruleque «20 anos no Camiño» na xornada do luns, que amenizou a verbena o grupo Acuarela. O martes a música puxérona o dúo Caché e a referida charanga Ardores. Houbo actividades recreativas para os mais cativos e non faltou o xantar das casas con festerios , como ven sendo tradición nesta festa e a non-parroquia menos concorrida da Santa Cruz, que celebra a parroquia a primeiros de maio de cada ano, tamén nesta igrexa entre o barroco e o neoclásico, que aínda conserva elementos románicos e enterramentos fidalgos no interior, así coma fermosos retablos neoclásicos con algunhas imaxes antigas.