Arranca en Lalín un mes de agosto impregnado de cultura

La Voz

LALÍN

03 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá poñerase en marcha o programa cultural de Lalín cunha reunión da Comunidade de Pequenos Lectores os Mirlotís, unha asociación de nenos lectores cuxo nome ven do emblemático gnomo do pintor e escritor lalinense Laxeiro. O encontro terá lugar ás 18.00 horas na biblioteca Varela Jácome, e será unha actividade pensada principalmente para os máis pequenos/as, de entre catro e seis anos de idade.