A UNED trae a Lalín unha nova iniciativa lingüística en inglés

C. M.

LALÍN

Cedida

15 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Os responsables da aula da UNED de Lalín presentan Inglés en mi entorno, unha iniciativa lúdica para nenos comprendidos entre 10 e 15 anos que se celebrará do día 1 ao 12 de agosto no albergue de Mouriscade. Haberá actividades na que o inglés servirá como ferramenta creativa, lúdica e de aprendizaxe. O prazo de inscrición pecharase o 30 de xullo e o custo será de 300 euros por neno, reducido a 160 se está empadronado no municipio de Lalín. C. M.