A última xeración de trapecistas

Antonio Taboada «Willy»

LALÍN

06 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Querida musa: escríboche a corenta metros de altura sobre a corda floxa. O horizonte cúbrese de púrpura e os tambores redoblan «En um prao verde». Hai unha luz xenerosa, sutil, amable que ilumina un porral de leitugas. Bubu recolle os últimos tiques da función, abre o telón e a xente aplaude, dende o trapecio o Naranxo saúda e bendice a multitude. Luna escupe balíns contra un sombreiro tirolés clavado sobre unha ruleta que da voltas; e Balbanera está na cama cunha tunda que lle deron. Mentras Laxeiro, maestro do Marquesado da

Romea, contempla en silencio a función. Sobre as súas costas descansa gran parte da inspiración e motivación da plástica do Deza. Tamén poden contemplar no palco de personalidades a Colmeiro, Lamazares, Sucasas ou Elena Colmeiro... Pero esta vez voulle falar da última xeración de trapecistas xurdidos no Deza.

O redoble de cascabeles e talópidas aparece Francisco Lareo (Piloño)... artista pintor que relaciona o matérico co o obxetual transformando nun lenguaxe simbólico e abstracto. Lareo libera a matéria do oculto convirtíndoa nunha realidade poética e espiritual, coñece o misterio das cousas pequenas e desplega a cor sobre o lenzo como unha posibilidade impresindible á hora de

comunicarse a través dunha pincelada xestual que nunca traiciona e que vai seducindo dimensionalmente.

Damián Payo «Paío». Fai tempo que cambiuo os pinceis polas barras de lábios, e o lenzo polas sábanas de Tunisia, artista como a vida misma. Paío é un polifacético con alas e que voa como os Anxos, sae tódalas noites a batirse en do coas artes, acompañado dunha figura de porcelana de San Pancracio, que sempre leva no bolsillo. Cando está inspirado fórmaselle unha aureola de cor

violeta ó redor da cabeza que soio uns poucos tivemos a oportunidade de ollar. Os seus cadros teñen vida e liberdade resolutiva propia. Poño por exemplo «A Ascensión de San Paío», cadro que aparte de ter a facultade de falar, rir, mover as pernas e deambular polas rúas, consegue romper cos espacios tradicionais concebidos para a mostra do arte. Por eso resulta tremendamente difícil

encasillar a súa obra ó ser abertamente espontánea e innovadora. E con eso de que voa, o podes topar desde nunha Garimba hasta paseando cun caballete por Monmartre ou recitando os Versos Satánicos no medio de Lalín. E se en ningún deses sitios o atopas é que está rebobinando o cerebro na Carballeira de Quiroga.

Guillermo Aymerich (Lalín). Dom Juan Murillo da pintura, amante da boa cociña e dos bos manxares, a quen Marta Chávarri o topalo unha noite de movida madrileña non dudou en secuestrar o pintor para poder posar ante tan virtuoso pincel a bordo dun cruceiro polo Mediterráneo. E de quen unha famosa mecenas dixo que era un dos mellores pintores da última xeración Española.

Reparte o seu tempo entre o seu búnker pictórico instalado en Valencia e a formación de novos talentos na noite mora.

A súa pintura camiña por un camiño de rosas e un xardín florido, traballo que realiza con certa habilidade e sin obstáculos. Goza de boa relación coas Musas

e estas solen ser complacentes con il, adicándolle bastantes minutos que il non duda en aproveitar e reflexar con elegancia sobre o lenzo, porque él sabe que Alicia non se come a naide.

Equilibrio e abstracción

Armindo Salgueiro, Piloño... unha sensación de elegancia e sencillez reforzada con naturalidade á hora de pintar poblan os cadros de Salgueiro. «Crear formas significa vivir» di un escrito do grupo Blaue Reiter. Nos seus cadros predominan elementos simbólicos e abstractos inmersos nunha fraxil soedade e aislamento, as formas transitan polo limite dende o caos ofrecendo un lingoaxe esquemático perfectamente equilibrado e ordeado evitando calquera dualidade da forma.

José Couto Codeseira, Lalín... «e de feito, non son as formas exteriores as que materializan o contido dunha obra artística, senón as forzas vivas inherentes á forma, ou sexa, a tensión» (Kandinksy). Creo que esto podemos achegar á obra de Couto Codeseira. O equilibrio, o

vacío, os ocos, son algúns dos elementos máis destacados da súa obra, as superficies homoxéneas contrastan ca testura propia do granito, impoñéndose este ó espacio de formas suxerentes e provocativas. A explícita facilidade de simprificar, a concepción global da obra, a proximidade doutros materiais que se fusionan co granito, a utilización de barnices e policromías sobre materiais

nobles, proporcionan á súa obra unha dimensión estética, relevante e absoluta...

Cerro esta función inda que hai outros artistas nesta Comarca do Deza camiñando por iste mundo da farándula. Esperando que estes dos que lle falo sexan do seu agrado e da súa eterna comprensión. Aproveito a ocasión para testimoniarlle, miña querida Musa, a miña máis distinguida consideración.

* Reprodución dun artigo de Willy publicado fai trinta anos, o 22 de marzo de 1991