As mil varas de Miguel

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Miguel souto

As súas creacións enxebres labradas en castiñeiro, carballo, abeleira, xesta e espiño están espalladas por todo o país

29 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A afección de Miguel Medela polas varas vénlle da nenez, cando vía aos seus pais facelas, e polos momentos libres que lle quedaban. Pero a historia é moito máis completa; e xurde na parroquia lalinense de Vilatuxe que o veu nacer e na que vive.

Gandeiro, artesán e concelleiro de Compromiso por Lalín (CxL) Miguel non lembra con exactitude cando fixo a súa primeira peza, pero sí que era ben novo. «Meus pais xa as facían para andar coas cabras e coas ovellas, que foron os animais que sempre tivemos na casa». Unha actividade que interromperon entre os anos 1996 e 2008, pero que posteriormente recuperaron e manteñen na actualidade. Animais en pastoreo que deixan tempo libre, «e antes non había un móbil para entreterse; entón collías a navalla, unha ferramenta indispensable para un pastor, e aproveitabas para facer varas». As mellores, según Miguel, as de madeira de castiñeiro, abeleira, carballo, xesta e espiño; cada unha coa súa particularidade. «As de carballo e castiñeiro son moi duras e trabállanse moi ben de xaneiro a maio, a de abeleira é unha madeira moi lixeiriña da que hai moitas pola zona de Gondoriz, a de xesta sae moi dereita e a de espiño; que hai moitos pola zona de Vilatuxe, é unha madeira moi resistente e se a cortas de raíz fai un mango no fondo».

Cada vara é única e non existen dúas iguais, pero o que se mantén é o proceso de elaboración que require de tempo e paciencia. «Dependendo da época do ano pode levarche máis ou menos tempo. Agora mesmo a madeira seca en poucos días». O secado sempre á sombra para que as varas non dobren, e no cuberto para que lles dea o aire.

Máis dun milleiro de pezas enxebres, naturais, só puídas coa navalla e con moito mimo coas que Miguel agasalla a amigos e amizades, e que están espalladas pola comarca e mesmo algunha que foi parar a Barcelona, Burgos ou Ávila. Unha afección que vai pasando e perdurando no tempo; de pais a fillos, e que xa segue Isaías. Mentres Miguel comparte experiencias co seu fillo, e adéntrase tamén na fotografía. Pero aí hai outra historia.

La unidad móvil de la Axencia de Doación de Órganos e Sangue (ADOS) estará el día 4 en Lalín. El autobús acudirá a su emplazamiento habitual de la Praza da Igrexa. Las personas interesadas en donar podrán hacerlo de 10.30 a 14.00 y de 16.30 a 21.00 horas.