Concerto «Pangea» da Banda de Lalín e recital no Casino

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

16 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Os músicos da Banda de Lalín volven hoxe a subir ao escenario coa formación ao completo para ofrecer a veciños e afeccionados o concerto Pangea, que terá lugar, a partir das 22.00 horas do Lalín Arena. Unha cita para a que se esgotaron as entradas fai días. Hoxe, tamén, dentro da programación conmemorativa das Letras Galegas, o Casino acolle ás 19.00 horas un obradoiro-recital e a presentación do libro Xela Arias. Palabra á intemperie, de Emma Pedreira e Laura Romero, organizado polo Casino e Azos Feministas.