Lalín distingue a sus emprendedoras

a. f. / o. p. LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

Los premios Maruja Gutiérrez se entregan el lunes 8 en el Salón Teatro

02 mar 2021 . Actualizado a las 21:14 h.

El Concello de Lalín dio a conocer las ganadoras de los premios Maruja Gutiérrez, que con motivo del Día Internacional da Muller distinguen la profesionalidad, capacidad de iniciativa empresarial y trayectoria personal y social de mujeres del municipio. Los galardones se entregarán el próximo lunes, 8 de marzo, a partir de las 20 horas en el Salón Teatro de la capital dezana. Un escenario que sustituye al habitual del museo Ramón Aller para garantizar con su mayor aforo el cumplimiento de las normativas de seguridad frente al covid.

Una decena de candidaturas

Fueron una decena las candidaturas presentadas este año, determinando el jurado en su reunión del pasado día 24 otorgar los galardones a Eva Fuentes Senra, como joven empresaria; Verónica Lado y Natalia González, como empresarias innovadoras; Rocío Fernández González se hace con la distinción Mulleres en movemento; y Eva Paz Aguiar fue la destacada en el apartado de Toda unha vida.

Unha distinción na súa terra para a galardoada como xove ferreteira de España

Esta é a unha tempada de recoñecementos para Rocío Fernández González. Acada a distinción no apartado Muller en Movemento pouco despois de ter conseguido a nivel español o premio Joven Ferretera de España 2020. De pai chantandino e nai lalinense, rematados os estudos de BUP e COU cursou un ciclo formativo de grao superior de Administración e Finanzas no IES Laxeiro. Como parte desa formación entra en abril de 2001 na empresa GSI para realizar as prácticas, amosando a súa valía nun sector predominantemente masculinizado. Vinte anos despois é a cara visible da tenda de GSI no polígono Lalín 2000, prestando asesoramento aos clientes, cuidando os detalles e incluindo o labor social con múltiples colectivos como parte do día a día.

 

«Estou encantada co premio. Para min é un xeito de valorar o noso traballo»

Eva Fuentes Senra é gandeira por vocación. Con só vinte anos, e despois de cursar en Sergude Técnica Superior de Administración de Empresas Agropecuarias, incorporouse á explotación de seus pais. Na actualidade é a xerente de Gandeiría Xoco SC, na que traballa co seu home.

-Parabéns. Como recibe este premio?

-Con ilusión. Estou encantada co premio. Para min é un xeito de valorar e recoñecer o noso traballo. Fomos os grandes abandonados durante moitos anos, e coa pandemia creo que quedou claro que somos os que damos de comer á xente.

-Teñen 150 vacas e 30.000 polos. Traballo non falta?

-Non. Temos poucas horas libres, e as mulleres somos gandeiras, nais, mestras e coidadoras a tempo completo.

«É un subidón nun ano difícil»

Para as creadoras e directoras de Educalecrín o Premio Maruja Gutiérrez na categoría de Empresarias Innovadoras colleunas por sorpresa.

-Estamos facéndonos á idea, pero supón un recoñecemento ao traballo feito nun ano que foi moi difícil, no que non se puideron facer todas as actividades desexadas pola pandemia, e este premio é un subidón no ánimo.

-Educalecrín é unha empresa de educación ecosocial.

-É un eido difícil de chegar á xente. Hai informacións moi duras que non nos gustan asimilar... Estamos coa sexta extinción provocada polo ser humano e o cambio climático está aí e traerá consecuencias moi graves...

-Tratan moitas temáticas.

-O premio de feito é por ser a primeira empresa galega que oferta un curso de formación específico sobre a creación de relacións saudables e satisfactorias. Tamén estamos entre as cinco primeiras en ofertar educación sobre o Método de Comunicación, coñecido como CNV, que foi creado por Marshall Rosenberg, e usado en diferentes mediacións de carácter internacional. Formamos tamén sobre benestar animal, medio ambiente, restauración de ecosistemas e formación en equidade.

«Os clientes eran como da familia»

Foi unha sorpresa cando me chamaron para informarme do premio. Estou contenta», señalaba ayer Eva Paz Aguiar al felicitarla como ganadora del Maruja Gutiérrez en el apartado de Toda unha vida. Ella abrió en junio de 1983 junto a su marido -desaparecido en 1995- el Bar Rosaleda, un clásico en Lalín.

-Coñeceu distintos oficios e a emigración antes do bar.

-Aos 13 anos fun aprender de modista durante tres anos en San Paio de Senra. En novembro de 1966 fun a Barcelona, a traballar de interna na casa dun actor. Volvín aos 9 meses, casei en setembro e marchei co meu home a París, onde traballaba meu pai. Alí estiven nunha fábrica de costura e pola noite limpaba oficinas. Volvimos en 1971, que naceu o meu fillo [que fallecería de accidente en 1977] e o meu marido foi ao servizo militar. En decembro de 1972 volvemos a Francia e regresamos definitivamente en 1978.

-E que fixo á volta?

-Abrimos unha ferretería en 1979, que tivemos uns 3 anos. Era bazar tamén, entraban moitas cousas e facían falta moitos cartos. Pechamos en decembro de 1982, e arranxamos para abrir o bar en xuño de 1983. Foi o negocio da miña ata agora, e no que sigue Silvia, a maior das miñas dúas fillas.

-Xa xubilada, que lembra do Rosaleda?

-Os clientes de toda a vida. Eran clientes tan queridos, tan fijos, que eran todos como da familia. E tanta xente sempre, dende que abrimos. Cando veu a crise do ladrillo foi todo a peor. Ata entón había moito traballo en Lalín. E cando ía mellorando un pouco a cousa, veu o virus, levamos un ano que é un desastre, a cada paso pechados. A ver se mellora a cousa.