Lara Lois remata segunda La Tramun, proba da Marathon World Series da UCI

Pecha a tempada «moi contenta» polos seus escasos pero brillantes resultados


Lara Lois poñía o pasado domingo punto final á súa tan atípica como reducida tempada 2020. Facíao mantendo a tónica que a leva acompañando na maior parte da súa carreira de biker desde que no 2015 decidía iniciarse con 33 anos no ciclismo federado: subida ao podio. Desta volta, nada menos que ó de La Tramun, proba con saída en Olot e meta na entrada de Girona logo de 75 quilómetros. Afeita á modalidade curta do ciclismo de montaña, a Cross Country Olímpica (XCO), a corredora grovense do Extol MTB Team de Lalín non só rendeu na distancia longa. Conseguíu ademais un sobranceiro segundo posto nunha carreira UCI MTB da Marathon World Series, a máxima categoría mundial da especialidade.

Cunha ducia de participantes no cadro feminino elite, tan só a intratable Meritxell Figueras (MMR Factory Racing Team), gañadora en 5 horas, 20 minutos e 42 segundos, completou a cita antes ca Lara Lois, que empregou un tempo de 5.41.09, 20 minutos e 27 segundos máis ca vencedora. María Díaz (Bikes Armilla C.D.) completou o podio a case 10 minutos da galega, en 5.50.53.

A biker grovense comenta que «o ano pasado fora a Girona, pero a outra proba, pola costa. Faláronme ben de La Tramun, e como suspenderan a outra proba de Girona e esta ía ser a última carreira á que ía poder ir este ano, decidín correla». Todo un acerto. Máis aló de polo seu resultado, que tamén, pola experiencia: «Chamoume moito a atención. Normalmente nestas probas sóense mesturar sendeiro e pistas. Nesta era practicamente todo sendeiro traballado pola organización, máis técnico, con pedra, con raíces...».

Con contadas probas de XCO en pé de aquí a final do ano, o feito de que se concentren en Cataluña leva a Lois a dar por rematada a tempada, toda vez que non sendo ciclista profesional e debendo compaxinar a súa paixón coa súa ocupación laboral non ten posibilidade de desprazarse máis ata o outro extremo da península.

A meca apenas puido disputar calendario antes do inicio do estado de alarma. Tras o confinamento, e tras estrearse no gran pelotón de ciclismo en estrada nas clásicas de Navarra e de Durango nas filas do Farto de Pontevedra, colgouse o bronce no Campionato de España de XC. «Inda que foi un ano raro, con probas tan dispersas que non sabías se adestrar ou non, acabo satisfeita», di Lois.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Lara Lois remata segunda La Tramun, proba da Marathon World Series da UCI