Carta aberta do persoal da gardería do Sagrado Corazón


Somos traballadoras da escola infantil do Colexio Sagrado Corazón de Lalín. Levamos dende xaneiro do ano 2019 sufrindo impagos. O actual director e administrador, Joaquín Pereira Somoza, comprou o centro en setembro do 2018 e só catro meses despois,xa empezamos a sufrir, primeiro retrasos salariais, e despois impagos. Debensenos seisnóminas e dende o día 20 de marzo estamos nun Erte.A pesares de non recibir soldo, desempeñamos a nosa profesión da mellor maneira posible. No mes de setembro comenzamos a manifestarnos, despois de reunirnos Co administrador e pedirlle o que por dereito nos corresponde, os nosos soldos polo traballo realizado.Ó non obter o noso propósito, decidimos manifestarnos para esixir as nóminas, xa que a situación era moi complicada, non só polo problema económico, se non tamén polas presións que sufrimos. A maioria dos compañeiros e compañeiras da concertada deronosa espalda, non só non nos apoiaron, se non que incluso, se atreveron a dicir, incluso ós pais que todo era mentira, que eramos unhas vagas e que queríamos fundilo cole. Todos temos hipoteca, recibos, gastos que pasan cada mes e creo que non é delito reivindicar que nos paguen polo traballado. Non só recibimos presión da maioria dos compañeiros e compañeiras da privada, se non tamén, da ampa e de algún pai que viña mandado polo administrador e incluso ó noso alcalde, non lle facia ningunha gracia que falasemos, caladiñas estamos máis guapas. A escola infantil non é so un lugar de recollida de nenos e nenas. O primeiro ciclo de educación infantil(0_3 anos), é fundamental para aportar ós nenos e nenas aqueles estímulos necesarios e adecuados para o seu desarrollo intelectual e cognitivo. Unha base moi importante para a súa progresión futura a nivel personal e escolar. Neste período os pequenos realizan os avances máis significativos, cualitativamente falando, de toda a vida. Non sólo aprende a falar e a andar, tamén empeza a relacionarse cos demais e a desarrollar as suas habilidades cognitivas. Por todo eso, a función dos profesionais da escola infantil, é fundamental, para dotalos, mediante actividades, de experiencias e oportunidades de Aprendizaxe,de formar a Identidade e o coñecemento. Labor que está moi pouco valorada, entre outras cousas, porque normalmente a desempeñamos mulleres. En Lalin hai dúas garderías públicas, as galiñas azuis, pero que non son suficientes para dar servizo a todolos nenos e nenas do concello. Este goberno parece que so apoia o sector público. Está ben apoiar o sector público, pero as empresas de educación privada e concertada, tamén necesitamos fonts de traballo

. A nosa gardería é un servicio necesario para o pobo. Actualmente estamos nun ERTE e non sabemos que vai pasar con nós, se vai ter unha continuidade ou non. Os administradores concursais non nos informan nen os traballadores e traballadoras, nen ás familias. En teoría seguimos no erte ata o 30 de setembro. A nosa escola infantil é necesaria para que todolos nenos e nenas de Lalin, teñan a oportunidade de recibir o noso servizo. Se non hai continuidade, moitas familias empadronaranse noutros con ellos para así poder optar a unha praza. O concello debería velar pola continuidade da escola infantil, é se é inviable, ofrecernos a posibilidade de prestar os nosos servicios no pobo. Somos profesionais do en sino e queremos traballar. Dende o concello e os distintos grupos políticos, ofrecen posibles axuda a traballadoras que están negociando un ERE. Nós solicitamos o mesmo trato porque non somos diferentes, somos traballadoras que despois de levar máis dun ano loitando para que o noso centro teña unha continuidade, pechánsenos as portas porque somos do ensino concertado, pero ninguén se dá conta de q somos traballadoras.

Pedimos que se nos trate igual que ó resto de traballadoras que van perder o seu posto de traballo: cursos para integrarnos na vida laboral e unha bolsa de traballo para o personal de gardería e servizos que o concello poida negociar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Tags
Comentarios

Carta aberta do persoal da gardería do Sagrado Corazón