Víctor Vilariño: «Non quixemos arriscar co campamento, non era viable»

Debería ser esta a quinta xornada do encontro musical pero o coronavirus motivou a caída desa cita


lalín / la voz

Para alumnos e profesores das escolas de música este foi sen dúbida un remate de curso atípico pola situación sanitaria. Para os da Escola de Música de Vilatuxe (Lalín) tamén que, a maiores, deberían de estar disfrutando do seu campamento musical. As circunstancias obrigaron a deixar para mellor ocasión o encontro segundo recoñece o director da formación Víctor Vilariño.

-O campamento musical facémolo polos rapaces, é unha semana moi bonita pero normalmente chega alumnado de fóra e pensamos que non era momento de facelo nesta ocasión. Démoslle moitas voltas pero finalmente non quixemos arrriscar, non era viable pola situación que vivimos. Mesmo prantexamos fórmulas para poder facelo en agosto pero é moi difícil.

-Un verán a todas luces atípico, pero haberá concertos en festas?

-Pois algunhas actuacións semella que imos ter. Algunhas comisións de festas xa se puxeron en contacto con nós para dar algún concerto. Claro que iremos menos músicos, manteremos medidas de seguridade e analizaremos as saídas antes de realizalas.

-O que non quixeron deixar atrás é a celebración hoxe sábado do festival de fin de curso.

-Os chavales meréceno. Foron uns meses duros para os alumnos e para os mestres e un fin de curso anómalo, polo que estivemos moi pendentes das noticias sanitarias e unha vez consideramos que se podía facer o festival puxémonos a elo. Prantexamos un acto seguro, con todas as medidas de seguridade oportunas, mantendo as distancias interpersoais entre os asistentes e por iso optamos por facelo no patio exterior do Ceip Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe e non no auditorio hoxe sábado ás 19.30 horas. O festival é un pequeno agasallo aos rapaces, ao seu traballo extraordinario e anómalo destes últimos tres meses por mor do confinamento.

-Actuarán os alumnos de todas as especialidades que se imparten na escola?

-No festival actuarán grupos de alumnos de cada especialidade: percusión, trompa, frauta, saxofóns... Por cada sección haberá grupos reducios e os profesores de cada especialidade serán os encargados de interpretar unha ou dúas pezas segundo o que estipule cada un deles. Ao final tocará a Banda Infantil, con 25 ou 30 músicos, e non contaremos nesta ocasión coa formación xuvenil ao seren moitos máis músicos. Intentaremos facer unha bonita peza para finalizar este curso que rematou dunha forma tan atípica.

-Como foi este traballo preparatorio?

-Foi necesario realizar un traballo na casa. Os rapaces tiñan moitas gañas de verse físicamente e de tocar xuntos pero as circunstancias nos obrigaron a levar a cabo moita tarefa de forma telemática e para este festival tamén foi así.

-Ollando xa para o próximo curso académico?

-Pronto abriremos os prazos de matrícula de cara a un novo curso que presentará tamén algunhas novidades; haberá ensinanza tanto presencial como tamén telemática.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Víctor Vilariño: «Non quixemos arriscar co campamento, non era viable»