Actos polo Día das Letras Galegas


En Lalín o Concello celebrou as Letras Galegas cunha charla de Daniel González Alén e Cecilia Doporto sobre a relación de Carvalho Calero co Deza e con figuras lalinenses como a do astrónomo Ramón María Aller, do que tamén falaron. Outra figura das letras no Deza, Manuel Varela Buxán, foi lembrado nesta iniciativa municipal.

A asociación cultural Vagalumos de Tabeirós-Terra de montes divulgou una conferencia de Carvalho Calero xunto a un artigo sobre Marcial Valladares e fixeron una lectura de textos e sonetos do escritor ferrolán.

 Na Estrada, se fixeron públicos onte os premiados do sétimo concurso de micropoemas e microrrelatos no que participan os centros educativos deste municipio. Os traballos gañadores quedarán recollidos nun libro e no caso do CEIP de Oca en micropoemas gañaron Mario Moimenta Brey, Fabiola Valiña Sainz e Alba Moimenta Brey, mentras nos microrrelatos o fixeron Aitor Gestoso Fuentes, Santiago Gómez Mella e Pablo García Collazo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Actos polo Día das Letras Galegas