O San Cidre, unha tradición que se perdeu en Lalín e se mantén en Cruces


Lalín

O San Cidre ou San Isidro, patrón dos labradores e da capital de España, tivo na nosa comarca varias celebracións a mediados do século pasado, cando en cada concello había unha «Hermandad de Agricultores y Ganaderos» artilladas polo réxime franquista. A que se celebraba en Lalín chegou a ser festa importante non só para os labregos, senón para toda a poboación con misa e procesión na que desfilaban os carros engalanados, que xa nos setenta darían paso os tractores, música con gaiteiros e bandas, xantar de irmandade para os de sempre e verbena para todos. Antes de que chegara a nova democracia a finais dos setenta, xa se perdera a celebración para sempre, ao igual que aconteceu noutras vilas, ao escagallarse aquelas «Hermandades» agrarias.

Na actualidade o San Cidre ten a principal celebración en Vila de Cruces, con misa, procesión, música e un festival folk que xa vai para a XX edición. Pero neste ano, coma tantas outras festas quedara para mellor ocasión. O patrón dos labregos, tamén tivo celebración nalgún tempo na parroquia de A Baiña en terras de Agolada, onde se garda unha fermosa imaxe na igrexa e poida que nalgunha parroquia de Deza houbera tamén algunha celebración máis.

Hai imaxes de San Cidre que se gardan nas igrexas de Vila de Cruces e A Baiña. A celebración lalinense tivo, pola súa banda, o maior esplendor nos anos setenta do século pasado.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O San Cidre, unha tradición que se perdeu en Lalín e se mantén en Cruces