Adeus a un home entregado ao seu traballo

En memoria de Juan F. Muñoz Pérez, O Pilán, do restaurante Ateneo do Reino


A primeira hora da mañá, despois de abrir o establecemento hoteleiro na Nacional 525, no Reino, dirixía o seu rumbo hacia Señorín en terras de O Carballiño, motivado polo eido natal, alén da agricultura e gandería, para alimentar os animais e recoller os froitos da terra que máis tarde servirían nas mesas aderezados con outros chegados das mellores prazas de Galiza, polas mans culinarias e o saber da súa dona Erundina Vazquez, noutrora distinguida nas Festas do Cocido de Lalín e autora dun libro de cociña, tamén presentado no Museo Municipal Ramón María Aller, xunto co fillo, Juanma, herdeiro dos fogóns dunha casa á que día a día acoden comensais de toda Galicia e alén Miño. A ruta desde O Arenteiro ata O Barco de Valdeorras era outra que facía con frecuencia para traer os caldos tintos prodecentes das cepas da Rúa de Petín, para regar os manxares saídos da citada cociña.

Juan F. Muñoz Pérez, coñecido popularmente como O Pilán, concentrou a súa actividade laboral ao longo de catro décadas sempre a carón dos seus e gozou dun lugar privilexiado no Torrón carballiñés, consagrado ao traballo e ofrecendo á beira da estrada N-525, no seu paso polo Reino, a hospitalidade espléndida da súa casa.

De mozo destacou como futbolista no campo de Espiñedo coa camiseta do Club Deportivo Arenteiro, ao que sempre seguiu vinculado como socio.

Agora tampouco serán iguales os xogos de cartas e os partidos de fútbol que se seguían na Cafetería Ateneo, na que continuará outro eslabón da cadea familiar, a súa filla Sonia Muñoz. Gustaba da música de Os Satélites, que como para moitas outras orquestras de Galicia O Ateneo sigue sendo a súa morada.

Unha gran perda e unha mágoa para todos os que te tratamos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Adeus a un home entregado ao seu traballo