Novas experiencias para a Polifónica

amelia ferreiroa

LALÍN

miguel souto

A coral lalinense encara o seu oitavo festival e ábrese a novas colaboracións con colectivos do termo municipal

13 mar 2020 . Actualizado a las 21:42 h.

A Asociación da Coral Polifónica de Lalín celebrou asemblea ordinaria, na que se dou conta da memoria de actividades do ano 2019 e dos proxectos que se pretenden realizar ao longo deste exercicio. Para o presidente da entidade Paco Sesto o 2019 «foi o de máis actividade con case 30 concertos e no que máis se consolidaron os festivais». A asociación; que acubilla a tres formacións: Coral Polifónica, Coro Luis Areán e Coro Xoven Voz, debullou ante os socios un completo programa de actividades que pretende levar a cabo. A primeira será o oitavo Festival de Coros o 18 de abril, ás 19 horas na Sala Tuno Valdés, no que participarán as formacións de Botos (Lalín), Camanzo (Vila de Cruces), Mera e os anfitrións. O Festival de Coros Infantís e Xuvenís será o 23 de maio, e contará co grupo do IES Antón Losada de A Estrada, un coro de Noia e os dous lalinenses. Xóvenes e cativos dos coros de Lalín que tamén participarán nun encontro de coros galegos no Grove, entre maio e xuño. E á espera de poder materializar futuras saídas, condicionadas polo coronavirus, será un ano de cursos de formación «e de seguir facendo colaboracións con outros colectivos do municipio ao ser moi gratificante».