Premios en femenino a profesionales

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

Lalín reconoce el trabajo de Aida Soto, Vanessa Taboada, Lola Currás y Vanesa Insaurralde

05 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Los Premios ás Mulleres Maruja Gutiérrez 2020, convocados por el Concello de Lalín, en su décima cuarta edición acaban de fallarse y van a parar a Aida Soto Mazás como Xoven Empresaria, en la categoría de Empresaria Innovadora se premia el trabajo de Vanessa Taboada Santín mientras que Vanesa Insaurralde Ramírez consigue el reconocimiento en la modalidad de Mulleres en Movemento, y finalmente María Dolores Currás lo obtiene en el apartado de Toda unha vida por su traxectoria laboral. El histórico de las ganadoras a lo largo de estas catorce ediciones suma más 50 mujeres lalinenses reconocidas con el Premio Maruja Gutiérrez, que en esta edición será entregado este domingo a las 20.30 horas en el Museo Municipal, con actuación del Aula de Clarinetes del Conservatorio.

«É un empuxe ao comercio»

Traballou dende os dezaséis anos na panadería familiar pero o mundo da moda púidolle, e finalmente Aida Soto Mazás acabou por abrir a súa propia tenda; que rexenta na Praza da Igrexa de Lalín.Con só 26 anos, e case dez traballos, deu forma ao seu soño de entrar no mundo da moda.

-Sorprendida polo Premio de Xove Empresaria?

-Pois o certo é que moito. Non o esperaba para nada pero é unha alegría e un recoñecemento ao esforzo e máis se cabe a un sector que non está pasando polos mellores momentos. É un empuxe ao comercio, aos que nos adicamos á venda.

-Tiña claro que acabaría facendo algo relacionado co mundo da moda?

-Era algo que me gustaba e primeiro estiven nunha tenda en Lalín, La Barata, que era a primeira fanquicia de moda low cost feminina que se instalou aquí e aí estiven durante máis de dous anos. Posteriormente no pasado outubro rematou ese proxecto e pensei en poñer a miña propia tenda. Nela’s Trend mantén a característica de establecemento low cost pero con ampla oferta de roupa para toda a familia.

Recoñecido local de pratos obreiros e lugar de paso de moitos peregrinos

AMaría Dolores Currás, Lola como é coñecida por todos, tocoulle emigrar coma a outros moitos galegos na procura dun mellor porvir. Aínda sen cumprir a maioría de idade, pero xa casada, marchou co seu home José Antonio Castro para Francia onde experimentaría a dor da morriña pola terra pero tamén o coñecemento da gastronomía parisina. Ao voltar a Galicia, no ano 1982, funda o Restaurante A Ponte en Botos (Lalín). Local senlleiro que camiña entre o prato obreiro e a celebración de banquetes. Lola liderou un equipo de ata catro persoas, tempos de moito traballo nun establecemento que medrou ao carón do crecemento do polígono e lugar de paso de peregrinos. En xuño tocará descanso por mor da xubilación.

De secretaria a adestradora de atletismo e xerente dun centro deportivo

Chegou do seu Bos Aires natal a Lalín para asistir á súa nai e acompañar ao seu pai adoptivo nos seus últimos días de vida. Acompañada do seu noivo decidiu quedarse no pobo e formar unha familia. Aquí naceron os seus fillos, e despois de traballar de dependenta, camareira, comercial e secretaria administrativa atopou o que de verdade a enche: o deporte. Vanesa Insaurralde recuperou os seus hábitos deportivos e fíxose adestradora na escola de Atletismo Deza. É adestradora persoal, coach deportivo e posúe un posgrao universitario en prevención e readaptación de lesións deportivas e foi vencedora absoluta en varias carreiras deportivas. No ano 2018 deu vida ao seu propio Centro de Couching Deportivo ETP.

«A nutrición tiña que ser materia na escola»

Recibe o premio con moita ilusión e cun agradecemento especial a quenes a postularon como candidata a este recoñecemento que comparte con todos os millóns de mulleres que adican tempo e esforzo ao servizo da saúde e mellora da calidade de vida das persoas.

-En xuño cumprirá dezasete anos na profesión, sempre quixo ser dietista?

-A saúde sempre foi algo que me tirou e estudei nutrición, por certo a mellor opción que puiden escoller, a pesar de que naqueles anos era algo novidoso. Logo especializeime en trastornos da conduta alimentaria, en nutrición infantil e saúde deportiva. Pasei uns anos nos hospitais Clínico Universitario, Provincial e Gil Casares realizando e supervisando as dietas das persoas doentes ingresadas e dende o ano 2013 teño a miña propia consulta no Lalín Arena.

-Sente unha fonda preocupación pola obesidade infantil.

-É terrible comprobar a cantidade de pequenos obesos que temos no país e son das que penso que a nutrición tiña que ser unha mataria obrigatoria na escola. Temos unha dieta atlántica boísima e hai que voltar ao tradicional. A educación alimentaria é fundamental e temos que apostar polas verduras, por comer máis peixe e por unha dieta equilibrada.

-Desenvolveu en Lalín un proxecto saudable da Consellería de Sanidade, recoñecido como o mellor de Galicia.

-Foi unha grata experiencia. Lembraranse moitos do proxecto Concellos Saudables no que se traballou a promoción da alimentación equilibrada, o exercicio físico e apostar por unha vida sen tabaco, alcol e drogas. Creo que este tipo de programas son moi produtivos para calquer sitio no que se faga e poñer en marcha algún máis en Lalín sería moi necesario.