Partido solidario entre o Cordeiro e o Lalín

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

LALÍN

CEDIDA

Recadaránse fondos para a asociación ASDENT e para o neno Hugo, xogador do Escravitude diagnosticado coa enfermidade de Dent

21 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Cordeiro C.F. disputa hoxe un partido da Copa Deputación ante o Lalín no que recadará fondos para a asociación ASDENT e para o neno Hugo, xogador do Escravitude diagnosticado coa enfermidade de Dent. Esta é unha doenza xenética considerada como rara e que afecta á función dos riles. Todo o que o club recade pola venda de entradas será doado integramente a esta causa. O prezo é de 3 euros por persoa e o partido dará comezo ás 21 horas no campo municipal de Baño.

Non é esta a única acción solidaria despregada no Concello. A empresa ODL ten repartidos por varios puntos da vila bidóns de recollida de tapóns de plástico cos que se pretende contribuír á investigación da enfermidade que padece o pequeno Hugo. Botar unha man non custa tanto.