«Preparamos xa o Festival de Bandas con sinfonías renovadas»

amelia ferreiroa

LALÍN

miguel souto

A formación ofrece este sábado o Concerto do Cocido, e traballa na seguinte cita musical do próximo 4 de abril

13 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Banda de Lalín ofrecerá este sábado, na Sala Tuno Valdés do Auditorio Municipal ás 20 horas, o que será o terceiro programa desta tempada baixo a dirección de David Fiuza.

-Continuamos coa Tempada Sinfonía 0, centrándose neste caso na vida.

-Son efectivamente sinfonías para banda que teñen todas relación coa vida, de feito o título é «Sinfonías para reflexionar: a vida». É un concerto en dúas partes; unha primeira «A vida contemporánea:abrir os ollos e afastar a mirada da emoción» cun repertorio actual de compositores vivos, e a segunda; «O sentido póstumo da vida:pechar os ollos e ver máis alá da razón», con música fúnebre e pezas do século XIX.

-Concerto no que intervirá como solista o músico lalinense Juan Romero.

-Contaremos co fantástico Juan Romero, trombonista da banda que recentemente recibiu a distinción polos 25 anos na formación, e será o encargado de liderar este segundo movemento que é unha plegaria do trombón. Logo no terceiro movemento imos contar tamén coas magníficas voces das corais de Lalín e Agolada que colaboran neste concerto e fixeron un traballo abrumador.

-Tiveron ocasión de ensaiar todos en conxunto?

-Os tres directores estamos en contacto diario pero os ensaios foron individualizados ata o pasado venres en que tivemos a primeira toma de contacto todos xuntos. Foi moi ben e este venres será o ensaio xeral.

-O Concerto do Cocido é unha das citas importantes no calendario musical pero, cal será a seguinte?

-Pois xa estamos preparando o Festival de Bandas que será o 4 de abril, con sinfonías renovadas, música moderna e con material recoclado. Será un festival no que contaremos coa Agrupación Musical de O Rosal.