Porquiños de madeira, reclamo comercial no Cocido

a. f.

LALÍN

miguel souto

21 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Comerciantes da Rúa Luís González Taboada de Lalín acaban de poñer en marcha unha novidosa iniciativa coincidindo coa celebración do Mes do Cocido, e posteriormente co día grande da feira, en forma de porquiños de madeira que xa locen diante de varios establecementos. A idea, segundo trascendeu, foi de Isabel Civeira de Teleseita que a fixo extensiva a outras responsables de comercios da rúa que non dubidaron en poñerse man á obra. «A elaboración dos porquiños é totalmente artesanal», significaron. Troncos de madeira de distintas dimensións para elaborar os corpos dos animais e rama de kiwi para os rabos foron son os principais elementos empregados. «Aproveitamos a fin de semana para facelos e agora comezamos a colocalos coa intención de dinamizar o comercio local e que sexa tamén un reclamo nestas datas en que nos visita moita xente». Unha iniciativa que está presente en catro tendas coa idea de que se poida extender a outros locais tanto desa rúa coma outras. «A intención é crear cousas novas e que os compañeiros do sector fagan algo así ou doutras características»