Regalos, obradoiros e menú saudable, no Mercado de Nadal

amelia ferreiroa

LALÍN

o. p. arca

A rúa Loriga contará dende este sábado cun mercadiño sustentable, con ludoteca para nenos

27 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Á programación de Nadal da concellería de Comercio do Concello de Lalín chegará mañán sábado o Mercado de Nadal, con apertura ao público ás 11 da mañán, e que se manterá aberto ata o vindeiro 4 de xaneiro. Trátase do primeiro mercado sustentable de Nadal, según explicou a concelleira Karen Fernández, «que non pretende facer compencia co comercio local ao ser postos de artesanía e de doces diferentes aos que hai no pobo». En total unha vintena de artesáns que manterán os seus postos abertos de 11 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas todos os días agás o 1 de xaneiro. Un espazo que contará tamén con ludoteca para os cativos, «para que os pais poidan facer as súas compras cómodamente polo pobo e no mercado». Os rapaces poderán acudir aos obradoiros naturais e de reciclaxe e mesmo degustar churros, chocolate, turróns e mantecados artesáns. O próximo día 3 desenvolverase un obradoiro de menú saudable de Reis, que incluirá unha degustación que comenzará ás 18 horas, sen anotación previa.

Corte de tráfico

A instalación das casetas de madeira onde se instalarán os distintos postos, e que comezará esta mesma tarde, obrigará a cortar a rúas Loriga e parte da Principal; á altura da Calvo Garra.