Gracias e sorte, CCD Lalín

Juan José Cruz García

LALÍN

26 nov 2019 . Actualizado a las 13:20 h.

Nunca pensei ter un equipo de traballo detrás como o que tiven, quero incidir que houbo colaboradores que non estiveron en CCD Lalín, gracias a todos. Tamén aos votantes e a aqueles que non votaron pero dunha forma ou outra lles gustou o meu traballo.

O xusto é deixar que poidan voar coa máxima independencia e virxinidade posible, por eso deixo a executiva de CCD Lalín e a política. Eu fixen o que puiden e adapteime á labor de oposición o mellor que souben e puiden co tempo e a economía da que dispoñía xa que sempre tiven que compaxinar a política coa miña labor de mestre.

Prometín na campaña electoral poucas cousas, pero a principal cúmploa, Prometín deixarlle aos lalinenses un partido no que os veciños podan participar, e eso parece estar acadado. Sei que a executiva de CCD Lalín é do mellor que se pode ver en Lalín e polo tanto merecen ter nas súas mans o poder executivo do partido; para coma sempre se fixo democraticamente e con actas que o ratifican elexir e regular o futuro do partido a nivel local con total independencia tal e como o partido a nivel nacional nos concedeu, gracias. Por eso animei a continuar e ensalcei aos seus integrantes e deixo internamente os meus cargos e a política.

Esta é unha forma de agradecer aos meus compañeiros o seu voto de confianza e de valoralos por encima da miña labor e do liderazgo que exercín, porque eles aí me colocaron e deixáronme traballar co consenso acadado e en independencia. Xa dixen no seu momento que cambiaba a política pola música e quero saibades os lalinenses que a miña intención é deixar paso a xente que admiro e que tecnica e politicamente van estar moi por encima da miña labor. Sinto unha gran ledicia e admiración vendo que o equipo do que tanto presumín decide continuar co traballo que fixemos.

Si, estiven con Camilo Conde en PGD pero demostroume que non me apoiou como eu a el e prefiro esquecelo, os meus mellores desexos para el pero prefiro esquecelo e non contar nada máis, pero ollo que me tratase de ambicioso non se adapta á realidade (el foi o que marchou por non ter sido elexido para liderar). Eu demostro con este abandono que acepto o que os lalinenses elexiron e deixo paso á sabia e á sabedoría nova.

Si quixen apoiar a Cuíña, e formar un partido de centro e galeguista pero equivoqueime porque Cuíña só me quixo aguantar hasta que pasaran as eleccións do 2015 porque quería aguantar dentro da lista aos meus falsos amigos, despois da discusión entre Cuíña e Conde, eu xa tiña a cabeza cortada porque Cuíña sabía da miña amizade con Conde, funme de donde Cuíña en parte para dignificar a labor de Conde e xa vistes que trato me dou Conde, dixo que eu era ambicioso, polo de pronto quen fixo 3 anos de oposición contando verdades coma puños fun eu. Que se saiba que Conde non me axudou nada na labor de oposición.

Do PP que teño que dicir aprendín moito e en ningún momento publicamente me defenestraron, negociamos; Cuíña quixo pactar conmigo tamén pero tiña que ser ás escondidas. Para min o PP en Lalín é Crespo, e tiven a ocasión de pactar múltiples obras; despois que os lalinenses non o saiban xa non está nas miñas mans. Nunca quixen estar no PP pero recoñezo que Crespo foi quen máis me valorou de todos os políticos locais, non me utilizou, negociamos e poida que eu fixera un traballo sucio pero ollo eu non estou no PP e por eso o mellor que podo facer é deixar que CCD Lalín traballe sen a miña presencia. É obvio que despois do trato con Crespo xurdiu un gran respeto pola miña parte de cara a súa persoa e por que negalo admiración política de cara ao seu traballo, fun contra del en ocasións porque seguro que fixo cousas mal e apoiámonos mutuamente nos últimos tempos. El mirou polos intereses do PP e debo aceptalo. Convideino á miña voda porque poida que xurdira unha amizade e de seguro, tenme demostrado que conmigo tivo bastante palabra.

En Ciudadanos Galicia o tempo doume a razón, manda un tal Laureano Bermejo, pero para min as horas quédanlle contadas, el elixe e impón, deséxolle sorte pero as baixas son por centenares (a última e sonada da dirección de Vigo antes das nacionais).

Eu non nacín para non dicir o que me peta. Sempre intentei traballar por Lalín e polo centro e o galeguismo, puxen cartos e tempo ademais de esforzarme en implicar aos lalinenses na política local. Din a cara e non me escondín e deixo a política para que os que me apoiron poidan ter a liberdade que a min me concederon.