Monólogos para axudar ao traslado de bicis a Marrocos


Recycling vai dar un paso máis na súa campaña de recollida, e posterior entrega de bicicletas recollidas por Galicia para otorgarlles unha segunda vida, coa posta en marcha dun ciclo de monólogos con cuxa entrada se recaudarán fondos para a viaxe a Marrocos que se levará a cabo no próximo mes de febreiro. A iniciativa, posta en marcha polo lalinense José Luis Pereira, está colleitando excelentes froitos colaborativos ao sumar unhas 300 bicis. Unha trintena viaxará ata os campamentos de refuxiados de Tinduf, unha foi a parar a Asociación Carabelo de Lalín para o seu vindeiro mercadillo solidario e as restantes serán entregadas persoalmente en Marrocos. Para sufragar ese desprazamento Pereira conta xa coa colaboración de empresas da zona e a maiores prantexa catro actuacións doutros tantos monologuistas: Luis Zahera (18 de xaneiro, 21 horas), Miguel Lago (9 febreiro, 19 horas), Carlos Blanco (14 marzo, 20.30 horas) e El Sevilla (5 abril, 19 horas). O Concello de Lalín colabora no acto cedendo as instalacións do auditorio para esta actividade humorística, cuxas entradas que terán un custe de uns 10 euros se poderán adquirir en www.woutick.es.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Monólogos para axudar ao traslado de bicis a Marrocos