O enduro, afección perxudicial para a fauna protexida

Veciños de Lalín TRIBUNA PÚBLICA

LALÍN

05 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A proba do enduro é unha afección prexudicial para o ecosistema e hábitat da fauna protexida. O pasado venres uns afeccionados atoparon un ratoneiro asustado e algo lesionado no lugar de Piñoi, parroquia de Vilatuxe, en Lalín, moi preto dun control do Campionato de España de Enduro 2019. A contaminación acústica que xeran estas afeccións como neste caso o enduro ou o rali alteran o hábitat de aves e outras especies protexidas e cinexéticas nos entornos naturais.

Por outra banda as formas nas que se fan os desprazamentos neste caso das motos pola estrada, entre os diferentes tramos da proba; sen luz na maioría dos casos, sobrepasando os límites de velocidade de 50 a 80, 90 ou máis, con adiantamentos constantes sobre liña continua e adiantamentos pola dereita fai pensar que independentemente da normativa que rixe este tipo de eventos que se mira en groso para outro lado. Un exemplo son puntos de saída cronometrada en cruces de estrada; (como é o caso p, ex, onde a gasolineira de Vilatuxe, no cruce da estrada de Barcia). Hai testemuñas de paxaros mortos no circuíto do rali, pois eses ruídos excesivos atordenos e ocasionan mortes por impacto. Non temos unha relación causa-efecto probada da lesión do ratoneiro nesta proba, pero si podemos asegurar que estaba aturdido e desorientado, e iso si ten relación causa- efecto.

Cando se trata do rali, a contaminación acústica é moi superior, e non se diga cando se trata dunha quedada de coches con probas de escape e son, que alteran por completo o hábitat natural das aves e obstruirían a reprodución no caso de períodos de cría.

Por se fora pouco o anterior, este tipo de eventos na ponte de este tódolos santos e defuntos, en que a veciñanza adica estas datas de xeito exponencial a recordar os seus familiares defuntos, visitando o cemiterio e asistindo ós oficios propios destas datas, supón para á veciñanza un encordio sen precedentes.

Este tipo de proba que obstaculizan a normal circulación de vehículos pola estrada, como se tiveran máis dereitos na estrada os participantes nas probas que os usuarios da veciñanza e viaxeiros. E iso, sen a máis mínima desculpa previa nos medios de prensa para pedir consideración e tolerancia colaboradora á veciñanza. Parece necesario prantexarse en serio un entorno máis axeitado para este tipo de competicións en zonas onde o impacto ambiental sexa mínimo, así como a alteración do hábitat das especies protexidas e cinexéticas, en áreas e datas máis propias para este tipo de afeccións.

Un grupo de veciños de Lalín.