Castañas e homenaxe a Carlos Barruso, en Botos

amelia ferreiroa

LALÍN

04 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado, día 26 de outubro • 22 horas • Botos • Lalín • A parroquia de Botos celebrará a sétima edición do Magosto de Castañas Ecolóxicas do Deza e fárao con cea e música. A organización decidiu tributarlle unha homenaxe ao saxofonista Carlos Barruso, que protagonizou nos últimos meses varios concertos despois de ser diagnosticado dun cancro terminal.

Ao igual que en anos anteriores ás dez da noite comezará unha cea cun menú a base de empanada, churrasco mixto, pan, viño, café e postre que custará 15 euros para adultos, 10 euros para nenos de 6 a 12 anos e será de balde para cativos ata cinco anos. O prazo de anotación permanecerá aberto ata o vindeiro día 22 de outubro. Unha noite na que non faltará unha verbena que correrá a cargo da orquestra Cinema, que pechará a súa tempada de verán en Botos, e o grupo Álkar.

Los alumnos del colegio público de Rodeiro descubrieron ayer a Rosalía mediante un taller que tuvo lugar en el centro cultural Manuel Lamazares de la mano de Tarabelos. Los participantes contaron los cantares, contaron sus cuentos y confeccionaron un gran cuadro con un mensaje de igualdad.