Ampliar coñecementos dende un servizo diferente

a. f.

LALÍN

cedida

17 sep 2019 . Actualizado a las 21:30 h.

O gabinete de psicoloxía Ana García de Lalín comeza hoxe unha serie de actividades, abertas ao público en xeral, co gallo de dar resposta á inquedanza dun sector poboacional sobre cuestións de trascendencia coma a autoestima e as habilidades sociais. Unha charla sobre primeiros auxilios, que se impartirá hoxe dende as 20 horas e terá continuidade mañán, arranca o programa que incluirá talleres no Nadal e diversas charlas sobre técnicas de estudo, relaxación ou motricidade.

Delo ocúpase un equipo multidisciplinar, formado pola psióloga Ana García (Máster en atención temperá e trastornos do desarrollo), a pedagoga Ángela Rodríguez e a logopeda Rocío Areán «que naceu coa idea de proporcionar aos nosos pacientes un servizo completo para a súa comodidade e así non ter que desprazarse para acudir a diversos centros». Profesionais que adaptan as terapias e os horarios ás necesidades dos doentes e colaboran semanalmente en Radio Voz Lalín, cun programa centrado en informar e dar resposta a cuestións relacionadas coa conducta e detección de determinadas patoloxías.