Cocido de exalumnos do instituto laboral de Lalín

DANIEL GONZÁLEZ ALÉN

LALÍN

Daniel González Alén

Medio cento participaron na xuntanza celebrada onte

03 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Medio cento de alumnos do Instituto Laboral Ramón María Aller de Lalín mantiveron esta pasada fin de semana unha xuntanza o redor dun cocido para lembrar os tempos en que compartían aula e diversión cando cursaban, hai agora cincuenta anos, o bacharelato na modalidade agrícola-gandeira que impartía o centro antes de se converter no actual IES Ramón María Aller e cambiar a súa ubicación da Avenida de Bos Aires para a zona escolar de Pena Toares.

Da organización desta primeira xuntanza a que asistiron antigos alumnos dos seis concellos dezaos que agora se atopan en diversas localidades mesmo fora de Galicia, encargáronse Xosé González Arias e Luís Nistal Riádigos.

Aínda que a maioría dos asistentes pertencían as promocións dos anos 1969 e 1970, tamén había algún alumnos pertencentes a outras anteriores. Agardan os organizadores que a xuntanza teña continuidade en anos sucesivos coa participación das primeiras promocións que pasaron polo centro dende o ano 1954 en que fora inaugurado.

Mesmo barallan a posibilidade de que o ano vindeiro se puída contar coas mulleres, que a partir no ano 1965 cursaron aquí o bacharelato cando o instituto pasara a ser de Ensino Técnico na modalidade administrativa, e que a xuntanza inclúa mais actividades ca o xantar do cocido, que nesta ocasión se degustou no restaurante La Molinera de Lalín nun grande ambiente de camaradería e ledicia.