Postais viaxeiras do alumnado de Prado, con rumbo descoñecido

amelia ferreiroa

LALÍN

MIGUEL SOUTO

19 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os medios de transporte e a educación viaria sostible foi o tema escollido pola biblioteca do colexio Xoaquín Loriga de Prado (Lalín) para traballalo co alumnado. Un proxecto do que xurdiu a idea de elaborar felicitacións de Nadal diferentes; unhas tarxetas que puidesen chegar a vilas e cidades lonxanas a través dun grupo de colaboradores que se farían cargo de entregalas a clientes, ou coñecidos residentes fóra, que logo a través dunha instantánea deixarán constancia do camiño realizado.

Así o pasado 10 de decembro con motivo do setenta aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos o alumnado do Ceip de Prado votou as mellores postais; as viaxeiras que toman un rumbo descoñecido grazas o interese de alumnos e comunidade educativa no proxecto e dos que colaboran tamén nesta interesante iniciativa, como Aeroporto Lavacolla, Deportibérica, Embutidos Lalinense, Floristería Esther Portela, Bernabé, Karen Moda, Librería Dalvi, Anzuxao, Residencia Nosa Señora das Dores e Yolanda de la Torre.