A nova colección de festa móstrase no desfile de Karen

amelia ferreiroa

LALÍN

miguel souto

15 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo, 18 de novembro • Avenida Luís González Taboada • Lalín • Aproveitando que a celebración da feira lalinense volverá coincidir en xornada dominical, e para tentar atraer máis xente á vila, Karen Fernández Lamela, da tenda Karen Fiesta, programou un novo desfile para, nesta ocasión, mostrar ao público a nova colección 2019 de noivas, madriñas e invitadas. Un acto que comezará ás 12.30 horas na rúa Luís González Taboada, que estará cortada ao tráfico por mor do evento, e no que unha ducia de modelos darán a coñecer en dous pases unha colección «que vai sorprender seguro a todos os que veñan, con moito volume, cores alegres para os que as busquen pero tamén escuras, encaixes, bordados... creo que vai impactar», sentencia Karen, que promete tamén algunha sorpresa para os que asistan ao evento. Detrás deste desfile está o atraer público a Lalín, «que a xente veña á feira e que merque, pero que tamén se tome un café, entre nos nosos comercios, que se goce da nosa hostalaría e que haxa, en definitiva, máis movemento pola vila, que é do que se trata», insiste a empresaria lalinense.