O festival de Santiago

Banda de Lalín

LALÍN

06 nov 2018 . Actualizado a las 17:59 h.

Pechamos os ollos. Apretamos as pálpebras un chisco.

Da oscuridade xurde a imaxe.

O Auditorio de Galicia ateigado de xente, en pé, aplaudindo de corazón.

Da oscuridade xurde o soño.

A Banda de Lalín ao servizo da MÚSICA.

Mensaxeiros dela, como nos dixo Isa.

Portadores das emocións e dos sentimentos, das ilusións e dos soños.

Sentir e facer sentir, que mellor premio?

Quedamos contentos, felices. Escoitábase aínda a resonancia do último acorde de Barnes mesturado coa ovación do público cando se pechou o pano. E abrazámonos. Cos ollos brillantes.

Viñeron os parabéns de moitos músicos, grandes músicos da nosa terra. Moitos amigos, grandes amigos.

Así como grande é Isa. Que ben o fixo para traernos aquí. Canto se esforzou, canto sufriu e canto riu. Só ela pode ser a murciana que lle fala en galego a unha cubana e a unha vasca. Só ela puido ser a directora que xuntou a Carlos, a Israel e a Barnes para facer maxia.

Felicidades a todas as bandas, especialmente aos bos amigos de Valga! Todas adicamos moitos meses de traballo, de renuncia, de enriquecemento para que nos xuntemos en Santiago e lle digamos a todos que aquí están as bandas da terra.

Canta gratitude a cantas nos acompañastes. Ás que nos aloumiñastes co mirar. Ás que nos fixestes unha pancarta que lle afalaba ás bágoas da emoción. Ás que estabades en pé devolvéndonos con gran agarimo moito máis do que vos podiamos ter dado. Ás que agardastes despois de cada ensaio coa cea quente e o sorriso posto. Ás que vivistes todo esto como o que sodes: parte da gran familia da Banda de Lalín.

Que orgullo de xente, que orgullo de amigos, que orgullo de directora, que orgullo de Banda, que orgullo da Banda de Lalín!

Despois do domingo somos un pouco máis. Un pouco máis felices. Un pouco máis músicos. Un pouco máis a enorme e marabillosa BANDA DE LALÍN!!!