O concerto máis esixente da Banda de Lalín

amelia ferreiroa

LALÍN

27 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe, sábado • 19.30 horas • Salón Teatro (Lalín) • Entrada libre • A Banda de Lalín encara o que é un dos concertos máis esixentes dos últimos anos, o que ofrecerá esta noite, e que servirá de preparación para o Certame Galego de Bandas de Galicia ao que se presenta na sección primeira, e que se celebrará o día 4 de novembro no Auditorio de Galicia en Compostela.

A Banda de Lalín ofreceralle ao público un avance, en exclusiva, do repertorio que interpretará en Compostela: o pasodobre Bagaxes de Carlos Rodríguez, que foi dedicada á Banda de Salcedo; a Suite Historia, chea de efectos na que os músicos cantan mesmo dentro dunha botella; e a sétima Sinfonía de James Barnes, unha obra dedicada á guerra civil dos Estados Unidos. Con anterioridade o público asistente terá a oportunidade de escoitar a Banda de Antas de Ulla, que participará tamén no certame galego na sección segunda. Un acontecemento musical en Compostela para o que se fretará un autobús, que sairá do auditorio, ás 16.30 horas con regreso ás 21 horas.