Memoria viva da Policía Local de Lalín

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

José Fondevila e Victorino Fernández recibirán hoxe unha homenaxe con motivo das súas xubilacións

16 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Compañeiros da Policía Local e do Concello de Lalín tributaranlle hoxe aos policías locais José Fondevila Golmar, natural da parroquia de Santiso, e Victorino Fernández Gil; da de Goiás, unha homenaxe con motivo das súas recentes xubilacións. O acto, organizado polos axentes da Policía Local, consistirá nun xantar de confraternidade que comezará ás 15 horas no Hotel Pontiñas da capital dezá ao que se prevé asista medio cento de compañeiros que compartiron anos de traballo con dous dos axentes locais máis veteranos do corpo. Fondevila Golmar, que entrou como policía local no ano 1977, posúe o número 1 na placa persoal de axente (124.001) mentras que Fernández Gil, outro dos veteranos da formación, conta co número 3 (124.003) estando no medio de ambos Plácido Rozas López (124.002) recentemente tamén xubilado como inspector de obras do Concello, que comezou a súa andaina profesional como policía local en Lalín, e que accedeu ao corpo á par que Victorino Fernández no decorrer do ano 1981.