Educación inclusiva

Afem Morea Lalín

LALÍN

10 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Acelebración do Día Mundial da Saúde Mental é unha festa para os que cremos nunha sociedade de calidade e rica en valores. É, asimesmo, unha oportunidade para proxectar sobre a sociedade unha imaxe nova e positiva do que significa a saúde mental. Sin dúbida, a peza que da coherencia ó conxunto é a educación

Entendemos por educación inclusiva un sistema que provee ó alumnado de espazos, entornos e apoios efectivos para que concurra nunha verdadeira igualdade de oportunidades. Nun medio inclusivo é o sistema quen trata de adaptarse ó individuo con diferentes condicionantes, e nel promóvese un ambiente de respeto, de aprecios, de recoñecemento ás necesidades particulares. Non son importantes os déficits, senon as proxeccións. Todas as persoas somos suxeitos participantes do proceso educativo: escola, familia, amigos, medios de comunicación, sanitarios? Non se trata só de atender aos que presenten dificultades, senon de explicar as bases para unha boa saúde mental do conxunto.

Da educación depende a adquisición de coñecementos, a competencia profesional e o avance da técnica, pero tamén o sentido de pertenza, o respecto á diversidade, a inclusión e o desarrollo dos dereitos fundamentais. É de vital importancia que docentes e profesionais sanitarios dominen a linguaxe da inclusión, e que se establezan itinerarios de formación para tal fin. Se fomentamos na escola a sensibilidade cara a realidades distintas e afondamos na asignatura da prevención, o soño do benestar estará máis cerca.

A educación é o principal instrumento de cambio cara a horizontes máis xustos e equitativos. Coa educación inclusiva trataríase de pasar de actitudes negativas como o estigma ou o rexeitamento, hacia respostas máis integradoras e facilitadoras do ben común. Dende a Afem Morea, aceptamos o reto de fortalecer as nosas capacidades, de non baixalos brazos e seguir loitando para que a sociedade nos acepte como membros de pleno dereito que somos. Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (Afem) Morea de Lalín.