A Coral Polifónica de Lalín crea unha sección xuvenil


Auditorio Municipal (Lalín) • Todos os mércores, dende o 26 de setembro • A Coral Polifónica de Lalín continúa medrando, e despois da posta en marcha hai uns anos do Coro Luís Areán xa traballa na creación dunha sección xuvenil. Unha nova formación que virá a dar resposta a «unha necesidade e unha demanda que se prantexaba cos nenos máis maiores do coro», comenta o presidente da agrupación Paco Sesto.

Así o Coro Luís Areán manterá o seu funcionamento con cativos dende os seis anos e os mozos de entre 14 e 20 anos irán a parar á sección xuvenil. A directora do coro lalinense Isabel María Rubio farase cargo tamén da nova agrupación «que botará a andar o mércores día 26, coa primeira xuntanza, e que manterá os seus ensaios de 19.30 a 20.30 horas todos os mércores e que terá un repertorio máis elaborado que no caso do coro infantil que recuperará os ensaios o día 9». Unha novidosa iniciativa que se promocionará a través dunha campaña para logo centrarse na colaboración por segundo ano consecutivo no curso de dirección, que organiza Fecoga, e que se celebrará os días 6 e 7 de outubro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

A Coral Polifónica de Lalín crea unha sección xuvenil