«Somos máis que caras bonitas, dámoslle voz a persoas necesitadas»

Marcha hoxe cara Rota onde participará o día 15 na fase nacional da competición


lalín / la voz

Sendo moi cativiña dicía que de maior sería modelo. Nada facía presaxiarlle a Silvia Lorenzo Mato que isto pasaría a converterse nunha realidade. Recoñece a moza que non se lembra con nitidez dese seu desexo infantil pero que súa nai agora, e ante os derroteiros que está tomando a súa traxectoria, llelo lembra de cando en vez. Natural de Pedroso (Rodeiro) é a representante da provincia de Pontevedra no Miss World Spain.

-Fisioterapeuta, estudante de Medicina e modelo. ¿Cando xurde o seu interese polo mundo da moda?

-Estando na Coruña comecei con algunhas fotografías que me fixeron Aurora Díaz e Dani Vázquez, xurdiron alguns desfiles e chegou a opción de presentarme ao certame.

-¿O mundo das pasarelas é tan complexo como nolo pintan?

-A xente ten unha idea totalmente equivocada do que é todo este mundiño. Somos máis ca unhas caras bonitas, dámoslles voz ás persoas necesitadas. A función principal deste tipo de certames é poder deixar falar aos que o precisan.

-¿De que maneira?

-Cos proxectos que presentamos cada unha de nós no certame. Ten que ser un proxecto social e no meu caso está centrado nos anciáns. Non somos pois unhas meras flores, de feito o lema de Miss Mundo é «beleza con propósito». Así a gañadora dentro dos premios que recibirá estará a posibilidade de financiar un proxecto social.

-Para tomar parte nun certame de beleza destas características haberá que ter talla e peso determinados.

-Non é certo. É sorprendente pero non existe unha táboa de baremo de tallaxe e peso. Creo que a estas alturas, e a piques de marcharme para o certame nacional, penso que os organizadores non saben nin canto peso. ¡Aí che digo todo! Son certames que se ven como algo meramente superficial, rapazas e rapaces monos, pouca cabeza e nada máis. Desterrar esa crenza levaranos tempo.

-¿Apostando polas tendas locais á hora de elexir os modelos de festa para a gala?

-Si. A organización do certame deixounos escoller as tendas e os modelos cos que imos participal na fase nacional, e eu apostei pola tenda Karen Moda, de Karen Fernández Lamela de Lalín. Dos vestidos só podo dicir que fixemos unha escolleita de cinco modelos, pero a maior dificultade radica en que temos que elexir un para a final e está sendo non difícil.

-¿Por que quere estudar Medicina?

-A miña intención é facer a especialidade de ciruxía cardiotorácica. Meu pai faleceu de cancro de pulmón anos atrás e paréceme que sería un xeito de poder axudar aos que teñen a mesma enfermidade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

«Somos máis que caras bonitas, dámoslle voz a persoas necesitadas»