A nova igrexa de Xaxán adicada á Saleta

Pechamos o estudo da desaparecida parroquia de San Cristovo da Pena con datos da capela de San Benito e romerías


Lalín

Nos artigos publicados anteriormente refirimos como a antiga parroquia da Pena pasou a ser a de Xaxán; demos conta do traslado da igrexa e as imaxes; sinalamos as pegadas que deixaron os habitantes da Prehistoria na parroquia e o seu discorrer deica o século XIX. Neste artigo imos versar sobre a nova igrexa de Xaxán, a capela do San Benito e as romarías. Moito queda por escribir desta parroquia pero poida que no futuro outros ou nós mesmos, acheguemos novas apartacións ou fagamos algunha rectificación ao que aquí se expón.

No lugar de Xaxán, no medio dunha frondosa carballeira que en tempos foi monte comunal, foi construída a nova igrexa parroquial adicada a Santa María da Saleta, replica da famosa do santuario francés, que uns anos antes comezara a ser venerada e na igrexa-santuario de Siador (Silleda). Na construción en estilo neoclásico sen apenas concesións artísticas empregáronse os materiais da antiga da Pena e outros perpiaños traídos das canteiras próximas. Unha construción sobria e sinxela dunha soa nave de boa cantería que inicialmente

tivo un campanario de ferro que xunto coa campá eran usados na capela. Sería substituído a primeiros do século XX por outro de cantería feito por conta dun veciño da casa do Zampa do Souto que tivera éxito na emigración arxentina e tamén doaría unha imaxe da Virxe do Carme. O retablo do século XIX mostra algunhas imaxes da antiga igrexa mesturadas con outras máis recentes.

A primeiros do ano 1892 José María Diéguez Vence cura párroco de Goiás e os anexos de Xaxán e A Veiga, remitía un escrito ao Bispado de Lugo, sinalando que «suprimida la antigua iglesia de San Cristóbal da Pena y prevenida su traslación al campo de Jaján, como punto céntrico de la

parroquia del mismo nombre, explorada la voluntad de los fíeles que componen la mentada parroquia, a fin de que coayuden a la ereción de dicha iglesia y siendo por otra parte indispensable dar comienzo a dicha obra para que los fíeles puedan asistir y celebrarse decentemente los divinos oficios: Suplica humildemente se le autorice para la inversión de tres mil ochocientos reales, como fondos de fábrica de la suprimida Iglesia da Pena, demoler el templo viejo utilizando toda la piedra y mas utensilios que tenga , y unión con los referidos

feligreses hacer de nuevo el referido templo parroquial en el sitio denominado Campo de Jaján,

contiguo o inmediato a una capilla que existe de dominio particular en el ya referido Campo de

Xaxán». No marxe do escrito figura a autorización do Bispo para a inversión das obras «bajo la inspección y dirección del Arcipreste del partido».

A capela do San Benito

Tres décadas antes da construción da nova igrexa parroquial de Xaxán, xa se rematara a da capela do San Benito nó mesmo monte comunal. Así en xullo de 1863 o presbítero Benito Fernández Dieguez, aveciñado no lugar de Jaján na coñecida por Casa do Fidalgo ou dos Cregos, na parroquia da Pena que rexe xunto coa de Goiás, dirixía un escrito ao Bispado de Lugo sinalando que «su casa vivienda dista de las iglesias de ambas parrqouias cerca de un cuarto de legua y se hallan sitas especialmente la de Pena en puntos muy elevados y

montañosos cruzando por su transito riachuelos que en tiempos de avenidas o crecientes interceptan el paso e impiden al esponente el que pueda celebrar misa a aquellos templos máximo en la edad avanzada de sesenta años a que ha llegado. Por lo que inspirado dela más ardiente devoción que le anima el holocausto del Divino Rendentor y por el bien de las almas ocurrre a la clemencia de V. I. para que en fuerza del celo pastoral que tan dignamente desempeña se sirva permitirle la construcción de una capilla en dicho lugar de Jaján a

inmediaciones de la indicada casa de vivienda quedando el representante responsable de ponerla con decencia y provistarle de los ornamentos y vasos sagrados precisos para la celebración del Sacrosanto Sacrificio de la misa y con la facultad de poder celebrarlo en ella diariamente...».

Unha nota ao marxe do citado escrito daba autorización dio Bispo de Lugo daba permiso e licencia para a construción da capela publica na que se puidera celebrar misa diariamente por este ou outro sacerdote que tivera licencia.

Dous anos despois en xaneiro de 1865 o propio Benito Fernández Diéguez, ante o notario de Lalín, Domingo Antonio Gutiérrez, e con testemuñas da parroquia, manifesta ter concluída a obra da capela do Xaxán baixo a advocación de San Benito e costeado pola súa conta, outorga en hipoteca e por tempo ilimitado para cando se precisara a reparación e bo estado da capela, un prado-regadio de tres ferrados e medio da súa propiedade denominado Regueira-ancha, en el lugar de la Parte.

As festas do San Benito, San Cristovo e do Corpiño

Dende a súa construción en a medidos do século XIX a capela do San Benito celebrou romarías

o 11 de xullo moi concorridas por ofrecidos que pagaban misas e ofrecían esmolas en cartos e especies. Co culto corrían os da Casa do Fidalgo ao igual que na actualidade. Tamén honrando a San Cristovo o día 10, que nalgún tempo contou con notable presenza de chóferes de Lalín e festa de irmandade na sombría carballeira que rodea aos templos.

Mención aparte merece a celebración da Virxe do Corpiño que nun tempo tratou de competir coa celebre de Losón. O veciño Xosé Crespo García da Casa do Medio, -avó dos políticos lalinenses Xosé e Antonio Crespo Iglesias- doou a parroquia no ano 1953 unha imaxe da Virxe do Corpiño que chegou en procesión dende a vila de Lalín deica a igrexa de Xaxán un 23 de xuño celebrándose misas continuadas e anunciándose coma «similiar en reliquia y milagros, la cual será entronizada y bendecida por el Rev. Párroco». Sabemos que se celebrou varios anos quizais co permiso do reitor do Corpiño, Xosé María Ulloa, nativo da parroquia de Goiás, con animados programas e boas músicas -no ano 1955 actuaron a Banda de Goiás e a das Cruces- e abóndante pólvora, pero non tivo continuidade.

Os tres artigos que aquí adicamos a historia da parroquia da Pena, hoxe Xaxán, non serían posibles sin a colaboración do finado párroco de Goiás e Xaxán, Mario González Negro, que nos

cedera documentación, ao igual que os amigos Daniel Fernández e Manuel Crespo do Agriño, os testemuños de Alfredo Abeledo de Palmaz, do mestre Xabier Nogueira, a axuda do xeólogo vigués Oscar Pazos, e as publicacións dos amigos Xoán C. García Porral e Antonio Presas. Vaia

para todos eles o noso agradecemento.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

A nova igrexa de Xaxán adicada á Saleta