«Calígula fala da división na persoa do odio e do amor»

O actor lalinense está tamén no filme de Paco Plaza, que se roda en Galicia, e que protagoniza Tosar


De Cayo Julio César Augusto Germánico sábese que foi emperador romano e que as súas accións despóticas e sanguinarias deron lugar a moitas interpretacións. O actor lalinense Xoel Fernández sube o próximo día 20, venres, ás 21.30 horas ao escenario do Salón Teatro de Lalín para facer o pre-estreo de «Calígula debe morir». As entradas, que custan 10 euros, están á venda no Doña Maruja e no Currás.

-Como é esta peza?

-É unha obra unipersoal dunha hora con texto e dirección de Mabel del Pozo na que facemos unha metáfora a través da vida de Calígula, bebendo dos historiadores que falan da súa vida. A través da súa figura, que no noso imaxinario ten un gran monstruo polo que escoitamos, semellóunos interesante falar da división que hai na persoa do odio e do amor. Calígula é unha peza que fala desa división.

-Só diante do público.

-Como actor é un reto. Ten unha parte de moito vértigo e de responsabilidade pero non me vou sentir só xa que somos un equipo fantástico neste proxecto.

-É máis doado facelo na casa e coa súa xente?

-Máis doado non é. As sensacións previas diante da xente que te coñece é máis complicado ao sentirte máis observado pero estou moi ilusionado por pre-estrear en Lalín e agradezo as facilidades dadas no Concello de Lalín, na persoa tamén do técnico Damián Payo e o Concello de Vila de Cruces que nos cedeu un local para ensaiar. Dende o 4 de maio estaremos no Teatro das Culturas en Madrid e logo de xira por España.

-E película con Luis Tosar.

-Si, na de Paco Plaza. Un guión magnífico e creo que será un pedazo de película.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Calígula fala da división na persoa do odio e do amor»