Ai Señor, Señor!. Que pecado cometería eu para que periodicamente o concelleiro tránsfuga Sr. Cruz se acorde de min nos medios de prensa e nas redes sociais, mostrando unha fonda preocupación polos meus pensamentos ou polos meus silencios, tomándose a liberdade de interpretalos e utilizalos a conveniencia para disparar contra o actual goberno municipal?. Pois cansado de calar, agora vou a falar anticipando, eso si, que nunca entrarei en ningunha polémica con este persoeiro.
Vou a permitirme dicirlle en primeiro lugar que eu nunca traizoaría ao partido polo que me presentei nin aos seus votantes. Se non estivese de acordo con algo -e é perfectamente lexítimo- pero a miña opinión non fose maioritaria, manifestaría publicamente ?ou non as miñas razóns, entregaría a miña acta de concelleiro e iríame para a casa; e logo nas seguintes eleccións, se realmente o meu orgullo me di que é unha pena que se estea
desperdiciando o meu caudal político, preséntome como candidato e a partir de aí estaría onde os electores me puxeran, con toda a lexitimidade da que carecería totalmente como tránsfuga, como lle ocorre ao señor Cruz.
E xa que que optou por aferrarse ao cargo e ser un tránsfuga, tamén lle diría que para facer política e criticar a labor dun goberno e dos seus concelleiros ?e menos aínda para atacar aos propios veciños como adoita facer ultimamente? non fai falta utilizar sistematicamente o insulto e a linguaxe ordinaria, vulgar, e ineducada da que fai gala nas súas intervencións orais e mesmo nos seus escritos. Sen dúbida non parece o mais propio para un concelleiro e moito menos aínda para unha persoa que profesionalmente se adique á docencia cos nenos máis pequenos.
E dado que está de actualidade, tamén lle digo que eu non tiven ningún problema co teléfono que se nos entregou como concelleiros, pois tal como se me entregou, así o devolvín catro anos despois, sen utilizar nunca e sen que lle custase nin un so euro ós cidadáns. Sinceramente, políticos con actitudes como estas personalizan á perfección o descrédito da política e o desapego cidadán pola crenza e participación nela.
E finalmente, para que non lle quede ningunha dúbida respecto dos meus silencios ?consecuencia lóxica e exclusiva da miña retirada da primeira liña política?, este goberno municipal foi un auténtico balón de osíxeno para a sociedade lalinense, está en xeral a anos luz dos anteriores, especialmente en democracia, participación e transparencia, e comparto e aplaudo en particular a xestión dos concelleiros e concelleiras socialistas con Nicolás González á fronte, todo un luxo pola súa competencia, pola súa capacidade de traballo e de xestión e pola súa honradez.
O dito. Que Cruz!