Celso Fernández leva as súas contadas a Murcia

amelia ferreiroa

LALÍN

miguel souto

19 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Malia que di que lle semella que sempre está en Lalín, Celso Fernández Sanmartín prepárase para voltar a contar fóra da comunidade autónoma. Neste caso o destino é Murcia, onde xa estivo o ano pasado, e trece municipios da rexión murciana onde se celebran as cuartas Xornadas sobre Educación para o Século XXI. Organizado polo colectivo Biosegura ábrese un amplo abano de actividades con pluralidade de voces que permitan comprender a complexidade actual da educación. Un ciclo de conferencias dende distintas perspectivas por unha banda, e por outra actuación teatrais, narración, documentais e música.

Cartaxena, Cieza e Jumilla acollerán as contadas do lalinense. O día 23 Celso Fernández estará no IES Albares e no Club Atalaya de Cieza, ao día seguinte intervirá pola mañán nos institutos Infante e Arzobispo para alumnos de 4º da ESO en Jumilla, e pola noite contará para un público adulto no Salón de Actos El Luzzy en Cartaxena. A última intervención do lalinense será o día 26 na Casa da Cultura Archena con Alonso Pacios Rozalén.