A historia de Os Dezas de Moneixas, en fotografías

amelia ferreiroa

LALÍN

No disponible

18 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A recreación da Matanza Tradicional do vindeiro domingo en Moneixas levará parella unha ampla mostra fotográfica do grupo Os Dezas da parroquia, dende os seus comezos ata a actualidade. «Intentamos poñer cara aos gaiteiros vellos, dos que moitos escoitaron falar pero non saben quenes eran», explicou a presidenta de Os Dezas de Moneixas Lorena Taboada. Paneis fotográficos que abranguen dúas etapas da agrupación: os seus comezos cos músicos pioneiros como José Benito e Manoliño... ata a actualidade. «Haberá tamén instrumentos coma un tamboril de Manoliño, libretas de música con partituras de José Benito, un noticieiro e algún traxe». Lorena Taboada agradeceu a cesión de fotos antigas de familiares de Os Dezas para a ocasión e subliñou que a agrupación arranxará algunha vella peza para logo interpretala. A obra que sí se tocará e estreará para a ocasión será A muiñeira da matanza tradicional do porco de Lalín, de Horacio Taboada. «É unha peza para dedicarlle aos amigos, compañeiros e veciños que traballaron neste evento».