O Mes do Cocido botou a andar en 25 restaurantes de Lalín

La Voz

LALÍN

miguel souto

Nótanse cada vez máis comidas de empresa a base deste plato gastronómico

16 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

 Dúas festividades subliñadas no almanaque para comezar e despedir o Mes do Cocido: San Amaro e San Valentín. Onte arrancou oficialmente a tempada de cocidos en Lalín que se prolongará ata o 14 de febreiro. Datas oficiais xa que o prato rei da gastronomía local comezou semanas atrás. «O cocido ven marcado polo tempo. Dende que fai frío e ata a primavera véndese cocido», sentencia José Luis Iglesias do Restaurante Cabanas. Unha afluencia de comensais, chegados dende distintos puntos de Galicia e incluso dende Madrid, que se palpa sobre todo en fins de semana pero dun tempo para acá abondan tamén, segundo Iglesias, «as comidas de empresa con clientes, provedores e traballadores e cun bo cocido na mesa véñense facendo cada vez máis».

Cocidos que se serven ao longo deste mes en 25 restaurantes que están suxeitos ao Selo de Calidade do Cocido. «Algo fundamental polo que loitamos hostaleiros e concello xa que houbo épocas en que se daban cocidos en garaxes. Non se podía consentir e afortunadamente iso é historia».